+ 34 981 508 142

Marcha Stop Velutina pola Cornixa Cantábrica

9 de xuño de 2017

Coa finalidade de chamar a atención da sociedade e governos, AGA organizará no mes de outubro a Marcha Stop Velutina, unha marcha reinvindicativa que percorrerá en tren a Cornixa Cantábrica atravesando as comunidades máis afectadas polo tártago asiático. Durante a marcha faranse actos informativos coa poboación e colectivos locais e unha gran concentración final en Torrelavega, coincidindo coa Feira Nacional Apícola. A viaxe incluirá tamén visitas apícolas e turísticas, para coñecer os lugares polos que pasaremos e compartir experiencias e coñecementos sobre apicultura e a loita contra a velutina.

O medio de transporte escollido será o tren, a través do FEVE, que une estas comunidades de igual xeito que están unidas agora pola loita contra a Vespa velutina. Ademais, a forma de viaxar no tren será unha parte interesante da viaxe, que nos permitirá contemplar paisaxes e aproveitar o tempo que estaremos no tren para charlas e debates sobre a problemática da Vespa velutina e moitos outros asuntos.

Programa da viaxe

A continuación publicamos un programa xeral da viaxe, no que todavía quedan algunhas visitas por confirmar.

Día 19/10 Ferrol – Luarca - Xixón

Concentración Stop Velutina en Luarca e visita ó Parque da Vida con Luis Laria, presidente do CEPESMA e experto en Vespa velutina. Chegada a Xixón pola noite.

Día 20/10 Xixón – Santander

Concentración Stop Velutina en Xixon e visita ó Xardín Botánico, encontro con apicultores/as de ADAPAS. Chegada a Santander pola tarde.

Dia 21/10 Torrelavega

Gran concentración Stop Velutina e asistencia á Feira Nacional Apícola.

Día 22/10 Santander – Bilbao

Concentración Stop Velutina en Bilbao e visita organizada por BAMEPE, Asociación Apicultores de Bizcaia.

Día 23/10 Bilbao – Ferrol

Regreso a Ferrol en autobús

Prezo orientativo

O prezo estará entre 300 a 350 € (inclúe aloxamento en media pensión, viaxe ida e volta e visitas apícolas) pero está todavía sen confirmar xa que dependerá do número de persoas e do tipo de tren que poidamos alugar. En canto teñamos o nº de pasaxeiros comunicaremos o prezo definitivo.

Como participar

Poñerse en contacto con AGA por email info@apiculturagalega.es ou teléfono 981 508 142 indicando o nome completo, NIF, teléfono e email. Pódense anotar tamén acompañantes aínda que non sexan socios ou socias.

Antes do 15 de xullo ingresar 100 € para facer a reserva, no nº de conta de AGA ES02 2080 0348 3830 0001 8210 en ABANCA e enviar o xustificante a AGA por email.

SUBE Ó TREN É SUMATE Á MARCHA STOP VELUTINA!

 

 


Voltar