+ 34 981 508 142

Mercado de Nadal "Das Miñas Colmeas"

Cartaz Das Miñas Colmeas 2013

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DAS MIÑAS COLMEAS

Mercado de Nadal con produtos das abellas

A Asociación Galega de Apicultura AGA, vai organizar o Mercado de Nadal con Produtos das Abellas en Santiago de Compostela, AREA CENTRAL.

Este orixinal evento apícola terá lugar o día 21 de decembro, en horario de 12 da mañá a 20 horas da tarde, e contará cun programa de actividades dirixido a grandes e pequenos, titulado APICULTURA EN FAMILIA.

Estarán presentes 22 produtores dos máis variados produtos das abellas; de mel, pole, xalea real, cera  e  outros derivados, coma cremas, xabróns, bebidas…, que farán as delicias dos asistentes que os poderán probar in situ.

Paralelamente haberá obradoiros de candeas con cera de abellas, de globoflexia e de maquillaxe apícola. Tamén haberá concursos onde se poñerá a proba a sabedoría apícola dos asistentes.

A Asociación cultural Garabullo  porá en escea, a obra para monicreques,  UNHA PINGA DE MEL, con pases ás 13, ás 17 e 18 horas.

Ás 19,30 horas haberá un grande sorteo de 10  cestos de produtos apícolas coas rifas que recibirán tanto os gañadores dos concursos coma os que merquen algún dos produtos nos postos de venda.

Non deixedes de acudir a este doce e lúdico evento darredor dos extraordinarios produtos das abellas con moita sona e influencia para a saúde das persoas, a biodiversidade, o medio ambiente e a produción de alimentos debido a labor polinizadora das abellas.

 


Voltar