+ 34 981 508 142

Mes das abellas de Bertamiráns

Abril será o MES DAS ABELLAS no Concello de Ames, no que se desenvolverá un interesante e completo programa de actividades para diferentes públicos que teñen como obxectivo divulgar sobre o interesante mundo das abellas. 

Comezará o 7 de abril coa inauguración da exposición "As abellas, gardiás do medio" e a charla "A importancia da apicultura en Galicia", na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 20 h. 

Venres 7 de abril.  Presentación do programa MES DAS ABELLAS. Inaguración da exposición "As abellas gardiás do medio " Charla - Coloquio " A importancia da apicultura en Galicia ". Casa da Cultura, Bertamiráns. 20:00 h. Todos os públicos.       María Lorenzo Rey e Israel Ferrero  Graíño.

Ábrese  o programa do mes das abellas coa charla " A importancia da apicultura en Galicia". Con ela queremos achegar ao público a historia da relación entre as abellas e os humanos. Dende os tempos prehistóricos ate a actualidade, falando da tradición , transición e actualidade da apicultura en Galicia. Ao fin abriremos unha rolda de preguntas e aspectos a comentar cos asistentes.

Finalizariamos informando das actividades que se van a desenvolver no " Mes das abellas " e inagurándo a exposición que permanecerá durante un mes.

Sábado 8 de abril . Visita  á "A Casa das Abellas ", Abegondo. Historia dunha pinga de mel. Centro de divulgación apícola. Saída as 10: 15 Praza  do Concello , Bertamiráns, e as 10:30 Casa da Cultura Milladoiro. Regreso ás 17:00- Todos os públicos. Levamos a comida da casa.

A Casa das Abellas é un centro de divulgación apícola  que conta a historia dunha pinga de mel " da Flor a mesa". Faremos unha visita comentada nas instalacións  onde  coñeceremos o  mundo das abellas, como  son, como viven , cal é a sua relación coas prantas.Vestidos de abelleiros e co botafumeiro visitaremos  as abellas no xardín. Na melería extraeremos o mel do panal,  coñeceremos como se fan as  velas, ademais de coñecer as diferentes ferramentas do apicultor no seu traballo. 

9, 22 e 29 de abril. Curso de Apicultura. Aula da Natureza ( Ameixenda ). 11:00- 13:00. A partir dos 16 anos. 

Sábado 29 de abrilPresentación e cata de productos apícolas. Aula da Natureza ( Ameixenda ). 17:00- 19:00 h. 20 prazas, público adulto que poderá estar acompañado por nenos. 

Coñeceremos os diferentes produtos da colmea, que son,  para que os usan as abellas e para que son bos para as persoas.  A presentación farase co apoio de vídeos e cada participante terá a súa propia cesta de cata para ir degustando cada produto que logo poderán levar as súas casas.  Experimentaremos as tres variedades de mel máis representativo de Galicia : castiñeiro, uces e eucalipto. O pole, a xalea real e o propóleo.

Organiza AGA e o Concello de Ames. O programa será realizado por Israel Ferrero e María Lorenzo, monitores da Asociación Galega de Apicultura.

Para máis información e inscricións: Concello de Ames Tel. 981 883 002


Voltar