+ 34 981 508 142

Módulos formativos do curso de incorporación á actividade agraria

Dende o servizo territorial de Explotacións Agrarias de Ourense temos programado realizar dous módulos formativos de apicultura do curso de aptitude empresarial agraria para incorporación de mozos á actividade agraria.

Estas actividades formativas son cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Xunta de Galicia, dentro do Plan de Formación Continua Agroforestal 2015.

Levaranse a cabo durante o mes de setembro, en horario de mañá, na localidade de Xinzo de Limia, sendo coordinados por persoal das oficinas agrarias comarcais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Módulo: Manexo da alvariza

Duración: 35 horas

Horario : de 08:30 a 14:30 h.
Datas: Do 1 ó 5 de setembro
Temas:
A colonia das abellas: bioloxía e comportamento. Flora Melífera.
Equipos, materiais e utensilios do apicultor. Instalación do apiario.
Manexo do colmear.
Selección e renovación de raíñas. Reproducción do apiario.
Prácticas en colmeas.

Módulo: Sanidade e produción

Duración: 35 horas
Horario : de 08:30 a 14:30 h.
Datas: Do 9 ó 16 de setembro
Temas:
Produtos da colmea.
A esmelga, equipamento do local. Extracción do mel, envasado, etiquetado e trazabilidade.
Marco normativa. Comercialización e produción ecolóxica.
A sanidade apícola.
A prevención de doenzas.
Control de enfermidades e desinfección.
Prácticas en colmeas.

Inscricións:

Aquelas persoas interesadas en asistir pódense dirixir a calquera oficina agraria comarcal para formalizar a matrícula.


 


Voltar