+ 34 981 508 142

Movilización abelleira pola Vespa Velutina

Comunicado das delegacións de AGA en Ferrol, Eume e Ortigueira con motivo da convocatoria de concentración do pasado mércores 8 de outubro en Ferrol:

Ainda que as condicións metereolóxicas foron malas, un nutrido grupo de abelleiros (entre 60 é 70) nos xuntamos para zumbar e afumar... Entregamos de novo nosas xustas peticións á Xunta, nos fixemos oir e saimos nos medios de comunicación... que en resumen é o que lles doe.  As tres delegacións que organizamos esta movida quedamos satisfeitas xa que de novo quedou demostrado que temos que aprender das nosas amigas as abellas, que a unión fai a forza e que facendo enxame chegaremos cos nosos berros ata onde faga falta. É de suliñar que, aínda que non foron convocados, asistiu boa parte do grupo de goberno do concello de San Sadurniño (alcalde e catro concelleiros). 

Dentro de moi pouco moitos mais politicos estarán concienciados. O paso seguinte é convocar unha xuntanza cos alcaldes e concelleiros de medio ambiente e outros sectores afectados (froita, madeira, grupos ecoloxistas, cazadores, etc.).


Voltar