+ 34 981 508 142

NOTA DE PRENSA DE AGA - 17 de febreiro de 2014

DÍA DO APICULTOR

O pasado día 8 e febreiro, a Asociación Galega de Apicultura AGA, celebrou en Arzúa o DÍA DO APICULTOR. Houbo unha masiva asistencia de apicultores e apicultoras, arredor de 500 persoas seguiron e participaron con moito interese os 4 obradoiros desenvoltos o longo de todo o día.

 

ASEMBLEA XERAL DE AGA

Tamén houbo a Asemblea Xeral de AGA, que aprobou un amplo programa de actividades formativas para o ano 2014, dado o alto interese de xente nova por incorporarse a este sector tan ligado coa natureza e do que se obteñen unha serie de produtos cada vez máis demandados polos consumidores. Durante o mes de marzo daremos a coñecer estas actividades tanto de cursos de iniciación coma de cursos especializados e obradoiros prácticos.

Tamén houbo renovación de directiva dando entrada o tres mulleres, formando así unha directiva paritaria que responde tamén ao forte incremento na incorporación de mulleres abelleiras a esta actividade.

 

VESPA VELUTINA

Durante o mes de febreiro e marzo, AGA desenvolverá a primeira fase do seu protocolo para facer un seguimento e control dun novo inimigo chegado de Asia, a vespa velutina.

Consistirá en recomendar aos apicultores instalar trampas perto dos apiarios para coller ás vespas fundadoras de novos niños. Con isto pretendemos facer un seguimento da presenza ou non desta vespa nos distintos puntos de Galicia e tamén  é unha medida preventiva para evitar novos niños.

Os abelleiros que detecten esta vespa poden poñerse en contacto con AGA que lles indicará a actuación a seguir.

 

Máis información: 

Suso Asorey. Secretario-Técnico de AGA.
Tel: 630 069 635
E-mail: agapicultura@gmail.com

 


Voltar