+ 34 981 508 142

Nota de prensa: A trampa eléctrica

14 de agosto de 2017

Ante a crítica situación provocada pola invasión da Vespa velutina a Asociación Galega de Apicultura (AGA) está facendo unha intensa labor de asesoramento na construcción dunha TRAMPA ELÉCTRICA para defender os apiarios dos seus asociados e asociadas baixo o lema “faino ti mesm@”.

Esta información foi distribuida entre os nosos socios e socias en formato papel e se presenta tamén ó público na web www.apiculturagalega.es/archivos/caderno_trampa_electrica.pdf Esta trampa compónse de fíos de acero inox. cuia separación (2 cm.) permite pasar ás abellas pero non á Velutina.

O sistema fai posible colocar a trampa en apiarios lonxanos á rede doméstica xa que se alimenta cun dispositivo de seis placas solares totalmente ecolóxico (autor Miguel Ángel Meizoso Maroño, licencia libre). Unha vez instalado a presenza de Velutinas disminúe drásticamente e as abellas volven a traballar con normalidade.

O sistema que presenta AGA a través da “Guía para a construcción caseira dunha trampa eléctrica” é o resultado dun grupo de investigación formado por distintos expertos na materia e que actualmente sigue recibindo melloras de abelleiros e abelleiras. Ante a falta dunha actuación decidida por parte das Administracións, AGA chegou á conclusión de que debemos traballar nestes métodos caseiros xa que a nosa taboa reivindicativa non é atendida como é debido e o problema vai a máis cada día.

Próximamente teremos máis datos acerca do seu funcionamento e ofreceremos demostracións a quen queira ver un apiario protexido por este sistema.


Voltar