+ 34 981 508 142

Nova tenda de apicultura Erica Mel

Esta primavera bota a camiñar unha novidosa tenda de apicultura na nave de Erica Mel en Arzúa. Só vende a persoas socias de AGA ou Erica Mel.

Novo fondo sanitario

Entre os novos produtos que ofrecemos están os fondos sanitarios pedidos recentemente de Grecia e o material para a produción de mel en panal de Irurtzun (Navarra). Os fondos, como o da imaxe, están feitos íntegramente en plástico, o cal alonga a duración e resistencia do produto, e levan reixa para a limpeza da varroa, que facilita ademais a respiración da colmea e evita a condensación de humidade.

 

Pódense enviar os pedidos a domicilio (no prezo non están incluidos os gastos de envío).

Para mais información contactar con no teléfono 981 508 142 ou email aga@queixoemel.org.  

 

CONCEPTO PREZOS
Láminas de cera de alza e ½ alza  
Apícola Carballal (1 Kg - 11 láminas aprox.) 8,10 €
Angel Romero (1 Kg - 11 láminas aprox.) 7,80 €
Colmeas  
Cadros de cámara de cría de plástico 2,00 €
Cadros de cámara de cría desmontados con separador Hoffman 1,00 €
Cadros de cámara de cría de madeira sen cera 1,10 €
Cadros de cámara de cría de madeira con cera 1,90 €
Alzas sen cadros 14,50 €
Alzas desmontadas 12,00 €
½ alzas con cadros sen cera 14,50 €
½ alzas con cadros con cera 18,00 €
½ alzas desmontadas 8,50 €
Tellados 12,00 €
Entretapas 5,00 €
Novos fondos sanitarios (ver imaxe) 8,00 €
Fondos sanitarios de madeira 13,00 €
Excluidores raíñas 3,00 €
Cazapole  
Completo 9,00 €
Cestas para fondo de rede 7,00 €
Própole  
Láminas extracción própole 4,00 €
Utensilios  
Trampas Vespa Velutina 4,00 €
Afumador aceiro inoxidable con protección 21,00 €
Caixa afumador 20,00 €
Outro material miúdo: luvas, traxes, tenazas, etc. Consultar
Produción de mel en panal:  
Cadros de media alzas 3 ou 4 hexágonos 16,50 €
Cadros de media alzas 15 hexágonos 22,10 €
Cadros de alza 7 hexágonos 19,90 €
Marcos con variadas formas 130 mm 1,35 €
Recambios varios tamaños De 0,60 a 0,80 €
Caixas con tapa de plástico 2,00 €
Caixas decoradas 7,20 €
Envasado dos produtos:  
Botes 1 Kg baixo (caixas de 36 unid.) 0,35 €
Botes 1 Kg alto (caixas de 40 unid.) 0,33 €
Botes de ½ Kg alto 0,25 €
Botes antigoteo 350 g 0,45 €
Cubos 3 Kg 0,60 €
Cubos 20 Kg 4,00 €
Caixas de cartón 6 unid. de 1 Kg 0,45 €
Caixas de cartón 12 unid. de 1 Kg 0,70 €
Caixas de cartón 12 unid. de ½ Kg 0,55 €
Tratamentos sanitarios:  
Apistan (para 5 colmeas) 18,00 €
Beevital (para 10 colmeas) 20,00 €
Libros de apicultura:  
Tratado de Apicultura  60,00 €
Cría de Raíñas  20,00 €
Maquinaria  
Estampadoras de cera 530,40 €

 


Voltar