Como tódolos anos AGA ofrece ós seus socios e socias a posibilidade de facer un seguro para as colmeas. As persoas interesadas xa o poden solicitar.
Este ano vai haber algunhas novidades. Teremos unha soa póliza multirrisco que abarca: responsablidade civil, defensa, roubo, incendio e vandalismo.
O prezo será de 1 € por colmea e deberán asegurarse todas as colmeas que figuren no caderno apícola para que sexa válido. Lembramos que o seguro non se renova automáticamente, hai que comunicalo tódolos anos a AGA. A póliza é anual e remata cada 7 de febreiro.
Cobertura: Roubo 72,12 € / colmea (franquicia de 150€). Incendio: 72,12 € / colmea. R.C. 300.000 € / sinistro (franquicia de 150 €). Defensa xurídica, 4.634,80 €.
Precisamos os seguintes datos: Titular da explotación, número de rexistro apícola e número de colmeas. Pódese comunicar por teléfono no 981 508 142, por email a aga@queixoemel.org ou directamente o día 8 de febreiro en Arzúa.
Recoméndase asegurar as colmeas xa que para roubos e incendios é a mellor opción agora mesmo. En principio, se os fondos do Plan Apícola son suficientes, o R.C. poderá ser subvencionado ao 50%.
COBERTURAS NOVA PÓLIZA MULTIRRISCO:
Danos materiais:
Con límite de 72,12 € / colmea, cóbrense as seguintes garantías:
1. Incendio e Raio.
2. Extensión de Garantías, con franquicia de 150 €:
a. Actos vandálicos ou malintencionados.
b. Accións tumultuarias
c. Fenómenos atmosféricos consistentes en vento con velocidades superiores a 90 km/hora, chuvia con precipitacións superiores a 40 litros/m2 e hora, pedrisco, sarabia e neve
d. Inundación
e. Fume
3. Roubo e Furto, cunha franquicia do 20% dos danos.
En caso de sinistro consorciable é de aplicación o RD 300/2004, do 20 de febreiro polo que se aproba o regulamento de seguro de riscos extraordinarios.
Responsabilidade Civil:
Cos seguintes límites:
300.000 euros por sinistro
150.000 euros por victima (Para a cobertura de R. Civil Básica)
90.000 € por victima (para a cobertura de R. Civil Patronal)
Franquicia de 150 € por sinistro.
Garántese o pagamento das indemnizacións polas que poida resultar civilmente responsable conforme a dereito, por danos corporais ou materiais e os prexuízos que destes se deriven, ocasionados a terceiros así como os custos e gastos xudiciais e extraxudiciais.
A presente cobertura esténdese a amparar a Responsabilidade Civil que lle sexa esixida ao asegurado de conformidade coa normativa legal vixente por accidentes sufridos polos traballadores con ocasión da realización do seu traballo, para tal efecto terán a consideración de traballadores os asalariados do asegurado incluídos en nómina e dados de alta no seguro de Accidentes de Traballo, así como os traballadores con relacións de traballo temporal ou de duración determinada, e os contratados por empresas de traballo temporal e outros dependentes do asegurado á marxe da relación laboral.
Son de aplicación ás todas as garantías as exclusións e limitacións establecidas en condicións xerais e particulares.