+ 34 981 508 142

O Día Mundial das Abellas une ó mundo

20 de maio de 2016

O mundo apícola celebra hoxe o Día Mundial das Abellas con celebracións e reivindacións sobre a importancia das abellas en diferentes lugares de España e do mundo.

A iniciativa de Eslovenia de convertir o seu Día da Abella, 20 de maio, no Día Mundial das Abellas está tendo seguimento e apoio por parte de moitas organizacións apícolas durante o día de hoxe.

 

En Galicia, AGA celebra este día simultáneamente a través de dúas delegacións. A DAGA Ourense organiza unha gran xornada sobre os polinizadores xunto co Concello de Allariz no Festival Internacional de Xardíns. No evento participan 300 nenos e nenas durante a mañán e pola tarde o público visitante dos xardíns, que poden contemplar unha gran casa de polinizadores, colmeas de abellas e abellóns  e participar en interesantes obradoiros. A DAGA Rías Baixas celebra pola súa parte o Día Mundial das Abellas e Primeras Xornadas Apícolas no Val Miñor, os días 20 e 21 de maio no Auditorio Lois Tobío en Gondomar, con actividades para os colexios da zona e charlas técnicas sobre diferentes temas de actualidade apícola.

Fora de Galicia, a CODACC emitiu un comunicado no que reivindica o papel das abellas e demais polinizadores na conservación da biodiversidade e na produción de alimentos, pero visibilizando tamén os problemas polos que atravesan as abellas e apicultores da Cornisa Cantábrica. Ver comunicado en codacc.blogspot.com.es.

Apicultura Ibérica celebra tamén este día premiando o traballo de apicultores e apicultoras, que compartan "3 minutos da vida das súas abellas" e agasallándoo con dúas suscricións gratuitas a Apicultura Ibérica. A través dos teléfonos ou tablets, grabar un vídeo sobre as súas abellas, de 3 minutos de duración como máximo. Entre os vídeos enviados seleccionaranse 2 premiados. Máis información en www.apiculturaiberica.com

E por suposto, Eslovenia celebra tamén hoxe o Día das Abellas, esperando que pronto as Nacións Unidas o declaren oficialmente Día Mundial das Abellas. As celebracións en Eslovenia prolongaranse dende hoxe durante toda a fin de semana por todo o país.


Voltar