+ 34 981 508 142

O GRUPO EN MAREA PREGUNTA NO PARLAMENTO GALEGO SOBRE A VESPA VELUTINA

5 de febreiro de 2018

Paula Quinteiro Araújo e Davide Rodríguez Estévez, deputada e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario de En Marea, presentaron no mes de xaneiro unha pregunta sobre a Vespa velutina para o seu debate no Parlalmento galego.

En concreto a consulta vai dirixida a averiguar cales son as medidas que está a levar a cabo a Xunta de Galicia para o control da poboación da Vespa velutina ou tártago asiático, o plan de trampeo que vai desenvolver no ano 2018 e a partida orzamentaria existente para a loita contra esta especie, así como as liñas de investigación abertas e previstas para ese fin e os acordos adoptados pola Comisión de seguimento ao respecto.

Descargar documento completo presentado por En Marea coa pregunta ó Parlamento.


Voltar