+ 34 981 508 142

O MUNDO CELEBRA O DIA DA ABELLA

15 de maio 2018

Arredor do mundo estase preparando o Día da Abella, celebración que se desenvolverá a través de múltiples formatos e actividades de todo tipo. O obxectivo: sensibilizar á sociedade sobre a importancia das abellas e resto de polinizadores.

Eslovenia, Roma, Bosnia, Wisconsin (EEUU), Adelaida (Australia), Florencia, Malta, Canadá, India, Bruxelas... E por suposto Galicia, a través da Asociación Galega de Apicultura, celebrará en varios lugares o 20 de maio esta festa da abella. Na web www.worldbeeday.org pódense ver parte dos eventos que hai convocados ó longo do planeta.

Súmate a esta celebración para reivindicar a protección das abellas. AGA estará en Allariz, no Festival Internacional de Xardíns, e tamén as delegacións DAGA Rías Baixas en Baiona e DAGA Ferrolterra en Narón. Máis información do programa neste enlace: Día Mundial da Abella 20 de maio


Voltar