+ 34 981 508 142

O PARLAMENTO EUROPEO DI NON Ó USO DOS PRAGUICIDAS NAS ZONAS DE INTERESE ECOLÓXICO (EFAs)

16 de xuño de 2017

O pasado mércores 14 de xuño o Parlamento Europeo acordou a través dun acto delegado, non bloquear a proposta da Comisión Europea para deter o uso dos praguicidas nas zonas de interés ecolóxico. Este é un paso coherente para a recuperación dos espazos de interese ecolóxico e que camiña hacia un sistema agrícola máis sostible. Os estudos realizados en todo o mundo demostran un potencial aumento dos rendementos dos cultivos que son dependentes da polinización (25% de aumento promedio. un 12% de aumento para o trigo, un 26% de aumento para os chícharos, un 32% de aumento na producción de cenouras). O vello argumento da Comisión de Agricultura acerca da necesidade na utilización de praguicidas para aumentar a produción de leguminosas e non depender así da soia tranxénica (xenéticamente modificada) veuse xa superado (so un 1% da proteína crua necesaria para alimentar proviña da soia XM).

Francesco Panella, Presidente da Coordinadora Apícola Europea "Bee Life" na que AGA participa como membro, sinalou o necesario desta medida "frear o ecocidio alo menos nas zonas de interese ecolóxico" advertindo tamén que isto non é mais que o comezo do camiño hacia un modelo agricola sostible, compatible cos polinizadores, e que agora o seguinte paso é que os Estados apoien a proposta da Comisión para prohibir o uso dos plaguicidas neonicotinoides, tan perigosos e dañinos para a nosa saúde.

Boas novas para o medio ambiente e para a nosa saúde!!

Maís info: https://www.bee-life.eu/


Voltar