+ 34 981 508 142

O Parlamento galego esixe ó Miinisterio a obriga de indicar o país de orixe na etiquetaxe do mel

A Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia aprobou esixir ao Ministerio de Agricultura a que obrigue a indicar na etiquetaxe do mel o país ou países de orixe do mesmo.

A iniciativa partiu da Asociación Galega de Apicultura que solicitou ó grupo de En Marea a levar esta proposta ó Parlamento Galego, que foi apoiada o pasado xoves 16 de marzo polo resto de grupos parlamentares. A proposición non de lei aprobada demanda que a Xunta inste ao Goberno Central a modificar a lexislación estatal vixente -Real Decreto 1049/2003 e Real Decreto 473/2015- "para introducir un cambio normativo que permita aos consumidores e consumidoras coñecer os países de orixe do mel que consumen". Ademais, ínstase á Xunta a "impulsar a produción do mel producido baixo o amparo IXP Mel de Galicia".

A continuación publicamos o documento elaborado pola asesora xurídica de AGA Laura García, explicando os motivos polos que AGA considera necesario esixir un cambio na normativa sobre etiquetaxe do mel.

ANTE A NORMATIVA SOBRE O ETIQUETAXE DO MEL

A PERMISIVIDADE NA LEXISLACIÓN DO ETIQUETADO

A "Directiva 2001/110/CE del Consejo, de 20 de diciembre de 2001 relativa a la miel" (artigo 2), agora modificada pola Directiva 2014/63/UE (artigo 1)  permite aos operadores etiquetar os meles como “mestura de meles da UE/ mesturas de meles non procedentes da UE/mestura de meles procedentes e non procedentes da UE”. Isto permite facer referencia á UE incluso en aqueles casos de pequenas adiciones de mel europeo ás mesturas, ademáis de provocar a confusión no consumidor, para quen é imposible coñecer os países de orixe dos meles. Conven recordar aquí, que a pesar de producir ao ano unhas 34.000 T de mel, España recibe en importacións unhas 30.000 T de mel ao ano cun valor de 61 millones de euros, mentras que as exportacións, que supoñen unhas 30.000 T teñen un valor de 91 millones de euros. Estes datos reflexan que se importan meles de baixo valor para mesturar coa mel española, destinada principalmente ao mercado interior mentras que se exportan os meles de maior valor-calidad.

O "Real Decreto 1049/2003 de 1 de agosto, por el que se aprueba la Norma de Calidad relativa a la miel" supón a incorporación das mencionadas Directivas Europeas ó Ordenamento Xurídico Español. No referente ao etiquetado (artigo 5) esta norma reproduce íntegramente o contido das mencionadas Directivas, é dicir, tamén permite o etiquetado dos meles sen indicación dos países de orixe.

A INTERESANTE RESPOSTA DE ITALIA

En Italia, o Decreto Lexislativo de 21 de maio de 2004 número 179, de “Aplicación da Directiva 2001/110/CE relativa á produción e comercialización do mel”, establecía no seu artigo 3. f) que “na etiqueta debe figurar o país ou países de orixe nos que o mel foi recollida”. Malia disto, tamén ofrecía a posibilidade, tal e como recollía a Directiva 2001/110/CE do Mel, de que “nos casos nos que o mel sexa orixinario de dous ou máis Estados membros ou países terceiros, a indicación puidese ser substituída, segundo fóra o caso, por: 1. «mestura de meles orixinarios da CE»; 2. «mestura de meles non orixinarios de CE»; 3. «mestura de meles orixinarios e non orixinarios da CE».”

É dicir, a lexislación italiana establece que nas etiquetas do mel debe figurar o país de orixe, non obstante, deixa aberta a posibilidade de que os operadores se acollan á posibilidade que ofrece a Directiva e facer esas indicicacións de "mesturas..".

Posteriormente neste mesmo país, A Lei n.81 de 11 de marzo de 2006 dispuxo, no seu artigo 2.bis fixo unha importante modificación do anterior Decreto Lexislativo (número 179 de aplicación da Directiva do Mel). Mediante esa modificación, o Ministero delle Politiche Agricole, Alimentari e Forestali italiano excluíu a posibilidade que ofrecía a Directiva 2001/110/CE de substituír a indicación do país ou países de orixe do mel polas lendas anteriormente mencionadas, no caso de meles orixinarios de dous ou máis estados membros ou países terceiros, e impuxo a obriga de indicar na etiqueta o país ou países de orixe onde o mel fose recollido.

Pola contestación da Comisión Europea á carta remitida pola AIIPA (Associazione Italiana Industrie Prodotti Alimentari): "en virtude do artigo 249 do Tratado, só os Estados membros son os destinatarios da Directiva, e, polo tanto, a opción prevista na segunda frase do artigo 2.4.a) da Directiva 2001/110/CE do Consello relativa ao mel debe ser interpretada como dirixida aos Estados membros, deixándolles neste contexto a opción de elixir entre a regra xeral (facer indicación do país de orixe) ou a excepción (permitir a utilización dunha indicación xenérica). Polo tanto, da contestación dada pola Comisión, inférese que, á hora de transpoñer a Directiva de referencia, e polo menos para este caso, a facultade de elixir corresponde ao Estado membro.

A POSTURA DE AGA

Seguindo a liña marcada polos compañeiros de Italia, dende AGA consideramos o seguinte:

1. A Directiva 2001/110/CE e a súa modificación feita mediante a Directiva 2014/63/UE, estan dirixidas aos Estados membros e obrigan só en canto ao resultado que debe alcanzarse, deixando ás autoridades nacionais a elección da forma e dos medios de levalo a cabo. Unha vez aprobadas estas Directivas, e como sucede con todas as demáis aprobadas pola UE, os Estados membros deben incorporar o transpoñer o contido esencial das Directivas aos seus ordenamentos nacionais. No caso español, e como xa comentamos, a transposición das Directivas mencionadas fixéronse a través do "RD 1049/2003 de 1 agosto por el que se aprueba la norma de calidad relativa a la miel".

O que propoñemos, e que a nosa lexislación estatatal contemple e establezca a regla xeral que ofrece a Directiva (esto é facer referencia ao país de orixe) e que se excluya polo tanto a opción de acudir á excepción (esto é facer as mencións relativas ás mesturas). Os Estados membros teñen liberdade á hora de transpoñer as Directivas aos seus Ordenamentos e da contestación da Comisión Europea así se infiere. Estas cuestións deberíanse reflexar no RD 1049/2003 Norma de calidad relativa a la miel, seguindo así o exemplo italiano.

2. Non debemos esquecer o Reglamento núm. 1169/2011 del Parlamento Europeo y el Consejo de 25 de octubre de 2011, que regula a información alimentaria facilitada al consumidor, e que ademáis deroga algunha Directiva importante sobre a materia como é a Directiva 2000/13/CE. O establecido neste Reglamento ten moita importancia no tema do etiquetaxe e establece algunhas obrigas clave para os Estados membros, a saber:

Artigo 7. Prácticas informativas leales. 1. A información alimentaria no inducirá a erro, en particular: a) sobre las características del alimento y, en particular, sobre la naturaleza, identidad, cualidades, composición, cantidad, duración, país de orixe o lugar de procedencia, e modo de fabricación ou de obtención.

Artigo 9. Lista de mencións obligatorias: i) o país de orixe ou lugar de procedencia cando así este previsto no artigo 26.

Artigo 26. País de orixe ou lugar de procedencia. Apartado 2: A indicación do país de orixe ou lugar de procedencia será obrigatoria: a) cando a súa omisión puidera inducir a erro ó consumidor en canto ao país de orixe ou o lugar de procedencia real do alimento (...)

O Tratado de Funcionamiento de la Unión Europea, no seu artigoo 288, indica que para exercer as competencias da Unión, as institucións adoptarán Reglamentos, Directivas, decisiones, recomendaciones e dictámenes, e establece que os Reglamentos terán un alcance xeral, e serán de obrigatorio cumplimento en todos os seus elementos, e directamente aplicables en cada Estado miembro (ES 30.3.2010 Diario Oficial de la Unión Europea C 83/171), mentras que as Directivas obrigan al Estado miembro destinatario só en canto ao resultado que deba conseguirse, deixando, sen embargo, ás autoridades nacionais a elección da forma e dos medios a emplear. De todo isto, pódese deducir que o Gobierno español, deu máis relevancia á Directiva relativa o mel, en detrimento dos dereitos dos consumidores, cando estos derechos establecidos por un Reglamento, deben rexir a aplicación das Directivas.

Por todo isto e como conclusión, AGA considera que existen instrumentos lexislativos dabondo para otorgar unha protección máis eficaz aos consumidores que a que ofrece a Directiva 2001/110/CE. O que reivindicamos pola nosa parte é que se introduzca e establezca no RD 1049/2003 a necesidade de facer referencia ao páis de orixe, xa sexa acolléndonos á regla xeral que ofrece a Directiva 2001/110/CE (facer referencia ao país de orixe) e non á excepción recollida na mesma directiva (facer referencia ás mesturas), xa sexa apoiándonos no Reglamento 1169/2011 que establece a necesidade de facer referencia ao páis de orixe, e que é directamente en todos os Estados membros.

 


Voltar