+ 34 981 508 142

O programa Stop Velutina de AGA está en marcha

26 de abril de 2016

O programa Stop Velutina de AGA está en marcha. Co retraso no comezo da primavera tamén se retrasou a saída das raíñas da Vespa velutina e polo tanto nalgúns lugares de Galicia, especialmente en zonas máis altas no interior e no norte, comezaron a aparecen exemplares nas trampas fai poucos días. Na costa en cambio xa levan atrapadas un bo número dende fai varias semanas, xa que o clima máis cálido adiantou a súa saída respecto a outras zonas.

Na imaxe pódese ver un exemplar de niño primario localizado no interior dunha colmea no Concello de Oleiros o día 6 de abril.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No programa de trampeo masivo Stop Velutina están agora mesmo participando aproximadamente 350 apicultores e apicultoras de toda Galicia. Os participantes colocaron as trampas cos seus respectivos atraíntes e están enviando os datos da recollida nas trampas á coordinadora do programa Stop Velutina, Sandra Rojas da Universidade de Vigo, que xa está comezando a manexar datos para a súa posterior análise cando remate a campaña da primavera.  

Todavía temos trampas e atraíntes á venda en Arzúa. As persoas interesadas poden contactar con nós e darémoslle información sobre como adquirilas e participar no programa. Ademais, como temos material sobrante, os socios e socias poden levar máis trampas das que indicamos nun primeiro momento, no que poñíamos o límite de 1 trampa cada 10 colmeas.

Polo tanto lembramos que as persoas que levaron trampas, se non o fixeron todavía é importante que as instalen xa. As raíñas fundadoras están comezando a construir niños primarios e agora é o mellor momento para atrapalas e evitar que formen os niños secundarios. Hai datos que indican que os niños primarios se ubican principalmente preto das casas e zonas agrícolas, polo que están máis fáciles de atrapar. Raíña que capturemos, niño que evitamos e con él miles de obreiras que durante o verán utilizar as nosas abellas como alimento da súa cría.

Os participantes do programa Stop Velutina deben enviar os datos dos exemplares atrapados nas trampas a Sandra Rojas ó email velutinaengalicia@hotmail.com.

A frecuencia de envío pode ser mensual e os datos que hai que enviar son:  nome da persoa responsable, número de trampas, data de colocación, data de retirada (cando se fixo o reconto), número de V. velutina capturadas nese tempo e o lugar (lugar, parroquia, concello e provincia). Tamén existe unha ficha para cubrir e enviar que se pode descargar aquí: ficha trampeo Stop Velutina

Ó mesmo tempo comezou o programa de investigación que están realizando as DAGAs xunto coa Universidade de Vigo, no que se están probando diferentes tipos de trampas e atraíntes para comprobar a súa eficacia e determinar cal é o mellor sistema. De cada delegación está participando un equipo de persoas que se encargan de colocar as trampas, renovar os atraíntes e recoller os datos para o seu estudio.

Na Mostra Galega de Apicultura en Arzúa xa teremos información desta primeira fase que será exposta polos responsables do programa durante a xornada.

 


Voltar