+ 34 981 508 142

Orde de axudas á apicultura 2014

Pronto se vai a publicar a orde de axudas a apicultura para o 2014 por parte da Consellería de Medio Rural e do Mar. Coñecemos xa o borrador e comunicaremos a súa publicación no DOGA a través da web de AGA www.apiculturagalega.es e por correo electrónico.

O importe total das axudas para o 2014 é de 400.000 €. que se repartirá nos seguintes conceptos e por esta orde, o cal quere decir que se se acaban os cartos nun dos concpetos xa non hai para o seguinte:

1º.- Axuda ata o 90% do custe: Tratamentos para a varroa (só para os que entregen fotocopias) e asesoramento e formación por medio do veterinario.

2º.- Axuda ata o 50% do custe: Cera, ata 4 láminas por colmea, fondos sanitarios e seguro de Responsabilidade Civil (só para os que entregen fotocopias) e técnico para formación e asesoramento técnico

3º.- Axuda ata o 70% do custe: Individualmente poderase solicitar axudas, para apicultores que fan transhumancia e teñen máis de 50 colmeas.

4º.- Axuda ata o 90% do custe: Formación, publicacións, etc.

 

Que hai que facer para poder optar a estas axudas por medio de AGA?

1.- Os que xa enviastes as fotocopias da páxina 1, 4 e 9, teredes que enviar os datos da situación das colmeas. Podedes facelo enviando fotocopia da páxina do caderno apícola onde pon "Situación dos asentamentos" na que figuren os datos do último ano (pode ser a páxina 5, 6 ou 7). Pódese enviar por carta, email, fax ou dar os datos por teléfono.

2.- Os que non enviaron nada, aínda están a tempo de enviar as fotocopias da páxina 1, 4 e 9 e tamén a folla de situación dos asentamentos.

3.- Este ano non fai falla compulsar as fotocopias. Polo tanto pódese enviar a documentación por email ou fax.

4.- Ter un seguro de Responsabilidade Civil. Por medio de AGA pódese facer por 1 € por colmea, que podería ter subvención de 0,5 € / colmea. O seguro terá que ser por todas as colmeas que figuren no libro. Os que teñan o seguro por fora de AGA que nos envíen un certificado da súa compañía de seguros e copia do pago.

5.- O prazo para facer todas estas aportacións rematará o 20 de abril de 2014.

6.- A documentación pódese enviar por e-mail a aga@queixoemel.org, correo postal a AGA Feira Nova s/n 15819 Santa María – Arzúa, por fax ó 981 508 142 ou póndense dar os datos por teléfono no 981 508 142.

Nota: Cando se di subvención ata un tanto por cen non significa que vaia a ser esa porcentaxe. Pode ser menos, iso dependerá da cantidade de solicitudes que haxa e ata finalizar os cartos que hai este ano.


Voltar