+ 34 981 508 142

Os nenos e nenas de Allariz disfrutan do Día das Abellas

27 de maio de 2016

O venres pasado, 20 de maio, os alumnos e alumnas do CEIP Padre Feijoo de Allariz puideron disfrutar dunha mañán de abellas, abellóns e outros polinizadores que xa están

instalados na Casa dos Polinizadores que instalou o Concello de Allariz no Festival Internacional de Xardíns.

Para levar a cabo esta actividade, AGA contou coa colaboración do Concello de Allariz e a indispensable axuda dun gran equipo de voluntarios e voluntarias de AGA que fixeron posible esta celebración,  atendendo a todos estes nenos e nenas que pasaron polos xardíns.

Aquí vos amosamos algunhas imaxes da xornada.
 


Voltar