+ 34 981 508 142

PARTICIPACIÓN NA FEIRA DO VAL MIÑOR DA DAGA RÍAS BAIXAS

25 de abril de 2018

Con motivo do Día Mundial da Abella a DAGA Rías Baixas vai celebrar as III Xornadas Apícolas e a II Feira Apícola do Val Miñor os días 19 a 20 de maio en Baiona, na entrada do Parador Nacional.

Os socios e socias interesados en participar na feira vendendo os seus produtos teñen ata o 11 de maio para solicitar un posto. A participación é de balde. Para anotarse hai que enviar a solicitude á DAGA Rías Baixas por email a daga.riasbaixas@gmail.com ou por teléfono a 620 822 229 (Moncho).

Próximamente publicaremos o programa completo das xornadas.

 

Voltar