+ 34 981 508 142

PERCORRIDO DA PLATAFORMA STOP VELUTINA - GALICIA

30 de xuño de 2017

A Plataforma Stop Velutina - Galicia naceu ante a necesidade de axuntar forzas na loita para frenar o avance da coñecida Vespa velutina nigrithorax. Ante o rápido avance da especie e a falta dunha resposta conxunta e contundente contra a velutina, o Sindicato Labrego Galego e máis a Asociación Galega de Apicultura decidiron que era o momento de xuntar forzas e encamiñar conxuntamente unha serie de loitas que ata o momento cada Asociación fixo por separado. 

Deste modo, no mes de abril comezou toda unha rolda de contactos entre o sector asociativo apícola, así como o sector ecoloxista pola dimensión medio ambiental do problema, as Universidades de Galicia pola súa implicación na investigación de novos e mellores métodos de loita contra esta especie invasora, e toda unha lista de organizacións sectoriais agrarias como as Comunidades de Montes e os seus organismos de goberno, por entender, tanto eles coma nos, que non son alleos a esta problemática pola afectación que a Velutina ten sobre os cultivos e a froiticultura.

As incorporacións posteriores viñeron da man dos Concellos, que xa teñen traballo as súas espaldas sobre todo na retirada de niños de Vespa Velutina, e que tamén gozan de representación ante a Xunta a través da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias). Na actualidade son maís de trinta organizacións as que conforman a Plataforma e seguimos sumando.

As reivindicacións do sector son coincidentes neste sentido e non foi difícil atopar acordo sobre as bases da Plataforma.  Deste xeito, o traballo repartiuse e a Plataforma presentou o seu "Documento de Mínimos" donde se reflexan as catro principais peticións do sector sobre a velutina, coa súa base legal e xurídica.

A Plataforma Stop Velutina considera a mesma non só como un problema de Medio Rural senón que tamén ten unha grande dimensión medio ambiental; a dieta de velutina a base de insectos polinizadores e a conseguinte reducción no número e abundancia dos mesmos provoca grandes desequilibrios nos ecosistemas e afecta á biodiversidade. Ista é a gran ameaza asociada a toda-las especies invasoras --co agravante relativo ao gran papel que xogan as abellas e outros polinizadores no planeta.

En este mesmo sentido a Plataforma dirixe as súas reivindicacións; "É necesario que as Administracións con competencia medio ambiental, tanto a nivel autonómico como estatal, asuman as súas obrigas sobre a Velutina. O problema non é exclusivo de Medio Rural, encargado de protexer aos apicultores e os seus apiarios, senón que a ameaza vai máis alá e é necesario que todo o mundo asuma as competencias que xa marca a lexislación."

É certo que todas as peticións da Plataforma contan coa súa base legal, as catro reivindicacións do Documento de mínimos coinciden plenamente coas obrigas que os textos legais establecen. "A velutina é unha especie exótica invasora e sobre esta problemática o competente e Medio Ambiente".

                1. Impulsar á invetigación: pídense convenios entre a Xunta e as Universidades para que estas desenrolen traballo invesigador. Na actualidade sabemos que existe un convenio xa asinado entre a Deputación da Coruña e as Universidades --USC e máis UdC, cuias investigacións se centran na loita biolóxica e no cálculo ecónomico dos costes asociados á velutina, Convenio este no que AGA participa. A raíz de varios contactos e xuntanzas coa Xunta soubemos que existe otro convenio entre Medio Ambiente e as tres universidades galegas que pretende desenrolar este mesmo estudo pero a nivel de toda Galicia, un convenio aínda por asinar e donde queremos tamén facer propostas de investigación.

                2. Potenciar a loita preventiva: a Plataforma comezou pedindo un trampeo masivo e organizado de primavera para capturar fundadoras. Agora xa entrados no veran, máis que trampeo o que se pide e unha "planificación estacional", é dicir adaptar os métodos de loita ó ciclo biolóxico da Velutina, coa necesaria antelación. Así, o trampeo e ideal na primavera e noutono para a captura de fundadoras e de novas raíñas fecundadas, mentras que no veran as tarefas pasan pola retirada eficaz dos niños secundarios chamando o 112 para que procedan a súa retirada.

                3. A necesidade dun organismo único: é unha reivindicación histórica; centralizar esforzos nun único organismo cunha partida orzamentaria única na que teñan presenza as Asociacións apícolas.

                4. A labor de divulgación social: neste sentido pedimos que se divulgue información sobre a velutina e as ferramentas de loita acorde ao planing estacional, tan necesario para distinguir á velutina doutras especies de vespas autóctonas e para a formación do persoal técnico encargado da retirada.

                5. Axudas económicas para paliar perdas: a Xunta (Consellería de Medio Rural) comprometiuse a convocar axudas para paliar as perdas provocadas pola Velutina mediante Decreto que aínda esta por convocar. Preguntamos que vai pasar con este tema.

 

Base legal, normativa ao efecto:

·RD 630/2013 que regula o catálogo español de especies exóticas invasoras.

·Estratexias de xestión, control e posible erradicación do Avispón Asiático aprobado pola Comisión Estatal para o patrimonio natural e a biodiversidade de 14 de Novembro de 2014 e pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente de 16 de Abril de 2016.

·Estratexia da UE sobre a Biodiversidade ata 2020 aprobado pola Comisión Europea.

 

En canto ao percorrido da Plataforma, xa o día 16 de maio rexistramos no MAPAMA o noso Documento de mínimos coas peticións anteriormente expostas, o día 30 de Maio foi o turno da Xunta de Galicia dirixido a ambas Consellerías implicadas, Medio Ambiente e Medio Rural e seguir así presionando á Xunta.

Agora a pretensión da Plataforma é que os Concellos se sigan sumando á iniciativa e recabar todo-los apoios posibles. Xa son moitos os adheridos.

O seguinte paso foi trasladalo aos grupos políticos do Parlamento de Galicia que se comprometiron a rexistrar algunhas preguntas ante a Comisión de Agricultura, alguns delesxa o fixeron. Preténdese que a súa tramitación sexa previa ao veran.

Tres grandes cuestións;

- Cómo se vai xestionar a campaña para a retirada dos niños + formación do persoal encargado.

- Convenios coas Universidades para investigación.

- Axudas para a reposición de enxames.

Xa para setembro a intención é presentar unha Proposición Non de Lei, tanto no Parlamento de Galicia como a nivel Estatal.


Voltar