+ 34 981 508 142

PLAN APÍCOLA 2018

7 de marzo de 2018

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

  • Ata o 80 % nos tratamentos contra a varroa  
  • Ata o 50 % no alimento
  • Ata o 50 % na cera

Ademais, o Plan Apícola tamén subvenciona o 90 % do custe dun veterinario e o 70 % dun técnico, para prestar información e asistencia técnica ós apicultores e apicultoras.

En función das solicitudes que haxa, pode ser que non cheguen os fondos para cubrir todos estes conceptos.

Debido ós problemas causados pola diferencia entre o material solicitado e o finalmente mercado, xa que hai socios que piden pero despois no levan o produto, este ano no momento de facer a solicitude haberá que facer o pago de todo o material (tratamentos, cera, alimento e seguro) que se recollerá despois nos lugares indicados na mesma.

Descargar a circular e solicitude Plan Apícola 2018

 

REQUISITOS

1. Estar inscrito/a no Rexistro Oficial Apícola de Galicia antes do 01 de xaneiro do 2018.

2. Ter actualizado o caderno apícola entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo de 2018 na oficina agraria.

3. Ter contratado un seguro de colmeas a través de AGA ou por conta propia.

 

Para SOLICITAR AS AXUDAS os socios/as deberán enviar:

1. Solicitude que se adxunta nesta carta (ver exemplo no anexo I)

2. Xustificante de pagamento do pedido, a ingresar na conta de AGA (indicando no concepto o nome do socio/a e Plan Apícola 2018) ou fotocopia do albarán de compra, no caso de ter xa adquirido o material.

3. Fotocopias do caderno apícola da:

  • Páxina nº1 onde figura o selo da actualización do ano 2018. Se nesta páxina non está o selo, enviar tamén a páxina onde estea (páxinas nº 1 a 3), asegurándose que apareza o selo, sinatura, data e "conforme" da oficina agraria
  • Páxina nº4 onde figuran os datos do titular da explotación.

Non é necesario compulsalas.

 

PRAZOS

Enviar a solicitude e a documentación (facer as copias por unha única cara) antes do 31 de marzo.

Por email: info@apiculturagalega.es ou por carta: AGA Feira Nova s/n 15819 Santa María Arzúa ou. Se se envía por email, confirmaremos a recepción pola mesma vía. Se non se recibe confirmación, poñerse en contacto con AGA.

Recoller o tratamento e material antes do 7 de xullo. O material adquirido despois desa data non poderá ser subvencionado.

 

MATERIAL SUBVENCIONADO

Tratamentos contra a varroa

O tratamento será subvencionado ata o 80 % do seu custe. Hai que facer o pedido por envases e realizar o pagamento do 20% (xa a prezo subvencionado) para as colmeas actualizadas na oficina agraria a 31/12/17 e para o resto de colmeas a prezo sen subvención (ver prezos no anexo III). No caso de necesitar máis tratamento durante o ano, poderase pedir máis adiante. O tratamento será entregado polo veterinario no mes de xuño según o calendario (ver datas no anexo II), menos as explotacións de máis de 100 colmeas tratadas co mesmo produto que o recibirán no domicilio.

 

Alimento e cera

O alimento e a cera poden ser subvencionados ata o 50 %.  Pódese pedir como máximo 4 € de alimento por colmea, do que poderá ser subvencionado como máximo 2 €, e 12 € de cera por colmea, do que poderá ser subvencionado como máximo 6 €. Para poder solicitar alimento e cera hai que solicitar tamén tratamento para a varroa.

No momento de facer a solicitude hai que pagar o 100% do seu custe (ver prezos no anexo IV). En función da porcentaxe que finalmente se subvencione, farase a devolución a cada socio/a a partir do mes de outubro, cando AGA cobrará a subvención.

Os pedidos pódense recoller en Erica Mel en Arzúa, Apiyago en Santiago, Apícola Carballal en Ourense, que hai que indicar na solicitude. No momento de recoller o pedido hai que indicar que solicita a axuda do Plan Apícola por AGA e gardar o albarán (non é necesario envialo a AGA).

No caso de necesitar alimento ou cera en ecolóxico poñerse en contacto con AGA no momento de facer a solicitude.

 

SEGURO APÍCOLA

Para solicitar o Plan Apícola é obrigatorio ter un seguro de colmeas. Hai que asegurar como mínimo as colmeas actualizadas no libro.

O custe é de 1.28 €/colmea e ten un validez ata o 7 de febreiro de 2019.

Lembramos que o seguro non se renova automáticamente, polo tanto é preciso comunicar a AGA a súa renovación aínda que xa o teñan feito o ano pasado.

Para facer o seguro por AGA: Se todavía non o comunicaron, hai que indicalo na solicitude da subvención anotando o nº de colmeas e facer o pago xunto co resto do material solicitado.

No caso de ter seguro propio: Enviar xunto coa solicitude a copia da póliza e o xustificante bancario do seu pagamento.

 


Voltar