+ 34 981 508 142

PROGRAMA DE FORMACIÓN AGA 2018

7 de marzo de 2018

Como todos os anos a Asociación Galega de Apicultura AGA pon en marcha un amplo programa de formación apícola impartindo xornadas e cursos tanto de iniciación como de especialización. Os cursos básicos teñen como obxectivo promover a incorporación ó sector apícola de novos abelleiros e abelleiras e os cursos de especialización buscan divulgar dende novas técnicas de manexo ata informar sobre as últimas innovacións que afectan ó sector.

A continuación un resumo dos cursos. A información completa na sección de cursos desa web. 

Inscricións: Cubrir a ficha de inscrición e enviar a AGA, xunto co xustificante de pagamento no caso dos cursos de pago

Para inscribirse nos cursos de Abella Meiga e as DAGAs consultar no programa como realizar a inscrición.

 

CURSOS BÁSICOS APICULTURA

1. Allariz. 7 e 8 de abril. No caso de completar prazas repetirase o curso o 14 e 15 de abril. Escola Galega de Apicultura. Fundación Ramón González Ferreiro.

2.  A Cañiza. 7 e 8 de abril. Casa da Cultura.

3.  Meis. 14 e 15 de abril. Local Social Campo da Boca, Vilanoviña.

4. Láncara. 14 e 15 de abril. Salón de Actos Biblioteca, Pobra de San Xiao.

5. A Pontenova. 21 e 22 de abril. Casa da Cultura.

6. Carral. 21 e 22 de abril. Casa da Cultura, San Esteban de Paleo.

7.  Monforte. 28 e 29 de abril. Pazo de Tor

8. Bueu. 28 e 29 de abril. Sala Servizos Sociais Concello.

9. Curtis. 5 e 6 de maio. Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro

10. Ortigueira. 12 e 13 de maio. Centro Social de San Adrián.

11. Seoane do Courel. 12 e 13 de maio. Estación Científica USC.

12. Alfoz. 26 e 27 de maio. Casa da Cultura.

 

CURSOS ESPECIALIZACIÓN

ESCOLA GALEGA DE APICULTURA
Allariz (Ourense)

Curso superior de apicultura comercial

Lugar: Fundación Ramón González Ferreiro. Paciños. Allariz

Datas: 21 e 22 de abril, 5, 6, 19 e 20 de maio

 

ABELLA MEIGA
Outeiro de Rei (Lugo)

1. Xornada de reprodución apícola básica

Data: 13 de maio

2. Curso reprodución apícola. Nivel 1: Formación de núcleos e obtención de mestras

Data: 16 e 17 de xuño

3. Curso reprodución apícola. Nivel 2: Métodos de selección e cría de mestras. Transvase

Data: 30 de xuño e 1 de xullo

 

APILAROUCO
Cualedro (Ourense)

1. Visita a explotación de cría de raíñas

Data: 27 de maio
Lugar: Instalacóns de Montalegre Mel. Saída dende o "Centro de Interpretación dos Castros" ó lado do Cuartel da Guardia Civil en Cualedro.

2. Crecemento do apiario e cría de raíñas

Data: 9 e 10 de xuño
Lugar: "Centro de Interpretación dos Castros" (ó lado do Cuartel da Guardia Civil) en Cualedro e instalacións de Montalegre Mel en Portugal.

 

CASA DAS ABELLAS
Abegondo (A Coruña)

Apicultura de lecer e autoconsumo

Datas: 9, 16, 23 e 30 de xuño

 

FORMACIÓN DAGAS

DAGA RÍAS BAIXAS

Curso de iniciación á apicultura

Data: 17 e 18 de marzo
Lugar: Centro Neural de Gondomar

Xornada de reprodución do apiario

Data: 5 de maio
Lugar: Centro Neural de Gondomar
 

DAGA MORRAZO

Xornada teórico-práctica sobre propóleos

Data: 9 de xuño. Se se completan as prazas repítese o 10 de xuño
Lugar: Casa da Mocidade de Moaña
 

Xornada de multiplicación

Data: 21 de abril ou 5 de maio
Lugar: Casa da Mocidade de Moaña

 

DAGA ORTEGAL

Curso de reprodución do apiario

Data: Primeiros de maio
Lugar: Colmear didáctico e Centro Social de San Adrian. Ortigueira

Xornada "Manexo das colmeas ante a Vespa velutina"

Lugar: Colmear didáctico e Centro Social de San Adrian. Ortigueira
Data: 10 de xuño
 

DAGA BARBANZA

Curso de cría de raíñas

Datas: 28 e 29 de abril
Lugar: Academia El Muelle. Pobra do Caramiñal e Colmear de Espiñeira. Boiro.
 

DAGA BERGANTIÑOS

Xornada reprodución apiario

Data: 26 de maio
Lugar: Espazo da Natureza de Oza (antiga escola unitaria). Carballo.

 

DAGA CORUÑA

Xornada reprodución apiario

Data: 12 de maio (pendente confirmar)
Lugar: A Coruña
 

DAGA FERROLTERRA

Curso de iniciación á apicultura

Data inicio: 6 de abril
Lugar: Asoc. Veciños Rosa dos Ventos. Sedes (Narón)
 

Curso de selección de raíñas e multiplicación do colmear

Datas: Finais de abril
Lugar: Pendente confirmar
 

Obradoiro: Os xabóns do apicultor e licores artesáns de mel

Datas: Unha mañán de sábado, a confirmar cando se xunte o grupo mínimo

 

XORNADAS

20 de maio - Día Mundial da Abella - Allariz

26 de maio - Xornada convivio: A apicultura e o oso - Seoane do Courel

2 de xuño - Mostra Galega de Apicultura – Arzúa

 


Voltar