+ 34 981 508 142

PROGRAMA DEFINITIVO MARCHA STOP VELUTINA

13 de outubro de 2017

A continuación publicamos o programa definitivo da Marcha Stop Velutina, que partirá o día 19 de outubro de Santiago, cunha concentración diante da Xunta de Galicia, e pasará por Luarca, Xixón, Torrelavega e Vitoria, onde faremos varios actos e contentracións, para chegar o día 23 a Bilbao. O sábado 21 de outubro teremos unha gran concentración na Feira Apícola de Cantabria en Torrelavega, ás 10.30 h coincidindo coa inauguración da feira. Ver o pograma da Feria de Torrelavega.

Lembramos que os actos son abertos a tódalas persoas interesadas, así que pregamos difusión.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programa:

Xoves 19 de outubro

10.30 h. Concentración Stop Velutina, diante da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

11.30 Saída da Marcha Stop Velutina

14 h. Chegada a Luarca

16 h. Acto informativo Stop Velutina na praza do concello de Luarca

17 h. Visita ó Parque da Vida polos participantes na Marcha.

19 h. Charla: "A loita contra a Vespa velutina: Marcha Stop Velutina, a Plataforma Stop Velutina e trampa eléctrica para a protección dos colmeares", por membros de AGA, SLG e Concello de Luarca. Lugar: Parque da Vida de Luarca.

21 h. Chegada a Xixón

 

Venres 20 de outubro

10 h. Mesa redonda "A loita contra a Vespa velutina, un problema de tod@s" e presentación da trampa eléctrica para a protección dos colmeares. Coa participación de AGA, ADAPAS, FAPI e representantes doutros sectores afectados. Lugar: Xardín Botánico de Xixón.

11 h. Concentración Stop Velutina, diante do Xardín Botánico de Xixón.

12 h. Visita ó Xardín Botánico de Xixón polos participantes na Marcha.

20 h. Chegada a Cantabria

 

Sábado 21 de outubro

10:30   Recibimento da Marcha Stop Velutina e inauguración oficial da Feira Apícola de Torrelavega

11:00  Charla "En loita contra a Velutina: Marcha Stop velutina e presentación da trampa eléctrica" por Paula Souto e Suso Asorey, membros de AGA. Lugar: Feira Apícola de Torrelavega

11:30  Presentación das Plataformas "STOP VESPA VELUTINA" de Galicia, Cantabria e Asturias. Por Laura García de AGA, Carlos Valcuende de FAAC e Santiago Menéndez de FAPI. Lugar: Feira Apícola de Torrelavega.

19 h. Sorteo Colaboración Marcha Stop Velutina

Asistencia dos participantes da Marcha na Feira Apícola de Torrelavega (adxuntamos programa).

 

Domingo 22 de outubro

11 h. Chegada a Vitoria

12 h. Acto informativo Stop Velutina. Lugar: Praza da Virxe Branca, Vitoria

13 h. Mesa redonda "A loita contra a Vespa velutina, un problema de tod@s" e presentación da trampa eléctrica para a protección dos colmeares. Coa participación de AGA e Asociación Apicultores de Álava APIAL. Lugar: Centro-Museo Vasco de Arte Contempáraneo ARTIUM, Vitoria

16.30 Visita ó Val Salgado de Añana polos participantes da Marcha

20 h. Chegada a Bilbao

 

Luns 23 de outubro

9 h. Café e debate "Reflexión sobre o camiño feito na loita contra a Vespa velutina" coa participación de AGA, Asociación de Apicultores de Bilbao BAMEPE e participantes na Marcha Stop Velutina. Lugar: NH La Avanzada de Leioa (Bilbao).

11 h. Regreso a Galicia.

A participación nos actos, concentracións e charlas é aberta a tódalas persoas interesadas.  O programa pode sufrir variacións, pregamos ás persoas interesadas confirmar a información publicada na web de AGA.

Organizan:

Asociación Galega de Apicultura (AGA) y Confederación en Defensa de la Abeja en la Cornisa Cantábrica (CODACC) 


Voltar