+ 34 981 508 142

PROGRAMA MARCHA STOP VELUTINA

15 de setembro 2017

Xa temos ultimado o programa da Marcha Stop Velutina, que organiza AGA do 19 ó 23 de outubro, dende Santiago a Bilbao. No percorrido faremos unha serie de actos: concentracións, encontros e charlas nos diferentes lugares polos que pasaremos, ademais de visitas apícolas e turísticas. Nun principio a idea era ir en tren, no FEVE, pero non se chegou ó mínimo necesario para alugar un tren polo que iremos en autobús. Pero non será un autobús calquera, será o autobús Stop Vespa velutina, que levará unha mensaxe clara e directa: Vespa velutina especie exótica invasora. Un problema de tod@s.

Todavía quedan algunhas prazas para completar o autobús. As persoas interesadas en participar poden anotarse en AGA no email info@apiculturagalega.es ou por teléfono no 981 508 142. As prazas iranse cubrindo por orde de inscrición e a data límite para anotarse será o 22 de setembro.

A continuación o programa xeral da Marcha. As persoas inscritas recibirán o programa detallado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programa Marcha Stop Velutina

Xoves 19 de outubro

10.30 h. Concentración Stop Velutina, diante da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

11.30 h. Saída da Marcha Stop Velutina de Santiago de Compostela.

14 h. Chegada a Luarca. Xantar e visita pola vila.

16 h. Acto informativo Stop Velutina na praza do concello de Luarca

17 h. Visita ó Parque da Vida polos participantes na Marcha.

19 h. - 20 h. Charla: "A loita contra a Vespa velutina dende AGA: Marcha Stop Velutina, a Plataforma Stop Velutina e trampa eléctrica para a protección dos colmeares". Lugar: Parque da Vida de Luarca.

21 h. Chegada a Xixón. Cea e visita pola cidade

Venres 20 de outubro

10 h. Mesa redonda "A loita contra a Vespa velutina, un problema de tod@s" e presentación da trampa eléctrica para a protección dos colmeares. Coa participación de AGA, ADAPAS, FAPI e representantes doutros sectores afectados. Lugar: Xardín Botánico de Xixón.

11 h. Concentración Stop Velutina, diante do Xardín Botánico de Xixón.

12 h. - 14 h. Visita ó Xardín Botánico de Xixón polos participantes na Marcha.

20 h. Chegada Suances (Cantabria). Cea e visita pola vila.

Sábado 21 de outubro

10:30 Recibimento da Marcha Stop Velutina e inauguración oficial da Feira Apícola de Torrelavega

11:00 Charla "En loita contra a Velutina: Marcha Stop velutina e presentación da trampa eléctrica" por Paula Souto e Suso Asorey, membros de AGA. Lugar: Feira Apícola de Torrelavega

11:30 Presentación das Plataformas "STOP VESPA VELUTINA" de Galicia, Cantabria e Asturias. Por Laura García de AGA, Carlos Valcuende de FAAC e Santiago Menéndez de FAPI. Lugar: Feira Apícola de Torrelavega

Asistencia dos participantes da Marcha na Feira Apícola de Torrelavega durante todo o día. Pola tarde opcionalmente visita a Santillana do Mar.  En breve publicaremos o programa completo da feira.

Domingo 22 de outubro

11 h. Chegada a Vitoria

11.30 Acto informativo Stop Velutina. Lugar: Vitoria (local pendente confirmar)

12.30 – 13.30 h. Mesa redonda "A loita contra a Vespa velutina, un problema de tod@s" e presentación da trampa eléctrica para a protección dos colmeares. Coa participación de AGA e Asociación Apicultores de Álava. Lugar: Vitoria (local pendente confirmar)

14 h. Xantar e visita por Vitoria

17 h. Visita a unha explotación apícola alavesa con produción de queixo Idiazabal

20 h. Chegada a Bilbao. Cea e visita pola cidade.

Luns 23 de outubro

10 h. - 11 h. Café e debate "Reflexión sobre o camiño feito na loita contra a Vespa velutina" coa participación de AGA, Asociación de Apicultores de Bilbao BAMEPE e participantes na Marcha Stop Velutina. Lugar: NH La Avanzada de Leioa (Bilbao).

11 h. Regreso a Galicia.

A participación nos actos, concentracións e charlas é aberta a tódalas persoas interesadas. O programa pode sufrir variacións, pregamos ás persoas interesadas confirmar a información publicada na web de AGA.

Organiza Asociación Galega de Apicultura e colabora a CODACC.

Máis información en:
www.apiculturagalega.es
codacc.blogspot.com.es


Voltar