+ 34 981 508 142

PROGRAMA PARA EVITAR TRATAMENTOS DA VARROA

18 de maio de 2017

A Consellería do Medio Rural acaba de conceder a APEGA, Asociación de Produtor@s ecolóxic@s de Galicia, un Programa Sanitario Excepcional e de Investigación ou Experimentación en Apicultura para evitar tratamentos seguindo as técnicas de manexo propostas no Programa MENA elaborado por APEGA e que presentou en Arzúa no Día do Apicultor 2017.

Para poder participar en dito Programa, é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos:

1) Superar o curso anual de BIOAPICULTURA que imparte APEGA e que dá dereito a participar en dito programa durante o ano 2017 e 2018.
2) Ser socios/as de APEGA ou de AGA e superar o Curso de BIOAPICULTURA.
3) Ser colexiado do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia COBGA e superar o Curso de BIOAPICULTURA.
4) Ser afiliado/a do Sindicato Labrego Galego SLG e superar o Curso de BIOAPICULTURA

Para máis información sobre o Curso de Bioapicultura, visitar a web de APEGA


Voltar