+ 34 981 508 142

PROGRAMA STOP VELUTINA

O programa STOP Velutina de AGA comprende varias actividades na primavera que consisten básicamente en charlas informativas nos concellos máis afectados e na colocación de trampas para capturar raiñas fundadoras nas zonas onde está presente esta avespa e así evitar o maior número posible de niños para o verán.

Nesta campaña colaboran varios concellos e outras entidades. Tamén se utilizarán as trampas, cos seus atraentes, distribuídas pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

 

DANOS QUE CAUSA A V. VELUTINA

Reduce a biodiversidade dos ecosistemas

Perxuízos económicos para os sectores apícola e froiteiro

Seguridade cidadá

Traballos forestais

 

CONTROL DA VESPA VELUTINA

Chamar ao 112, central de emerxencias. Se se confirma chamar ao 012

Trampeo de raÍñas na primavera

Trampear en  zonas próximas a apiarios e onde se teña detectado a velutina en marzo, abril e maio.

O tipo de trampa e atraente poden ser caseiras  ou comerciais. As caseiros preparanse con viño branco e cervexa ao 50% con restos de cera vella, algunha velutina… A trampa débese colgar a unha certa altura do chan (1,5 m), nun sitio soleado  e resgardado do vento. A cantidade de atrainte a empregar será de entre 100-150 ml, y será renovado cada 7-15 días para evitar fermentacións.

O nº de trampas a colocar nos colmenares serán na proporción de 1 trampa por cada 10  colmeas, 2 ata 25 colmeas, 3  ata 50 colmeas e 4 con máis de 50 colmeas.

A cantidade de atraente a empregar será de entre 100-150 ml, e será renovado cada 7-15 días para evitar fermentacións.

 

DIA DA ABELLA

21 de marzo de 2015, no Xardín Botánico de Culleredo

DAGA-Coruña e o Concello de Culleredo  organizan conxuntamente o DIA DA ABELLA, este ano adicado a realizar a campaña informativa e de sensibilización "Stop Velutina" ante a presenza dunha especie invasora, a Vespa Velutina Nigrotorax ou avespa asiática, que está causando moitos problemas aos apicultores e apicultoras, aos madeireiros e fruticultores e tamén representa un perigo para a poboación en xeral e para o medio ambiente.

Programa:

As 11 h.: Audiovisual sobre a velutina e mesa redonda con persoas afectadas

As 12.30 h: Concursos. Poderán concurrir persoas individualmente ou en grupo e un xurado concederá un premio por cada concurso.

1.-Ideas á mellor maneira de combatir a velutina. Premio á mellor idea.
2.-Presentación de trampas e outros. Premio á  mellor trampa 
3.- Captura de raiñas. Premio ao que máis raiñas velutinas presente durante esta xornada.

As 13.30 h.: Acto de entrega de premios

 

SESIÓNS SOBRE A VESPA VELUTINA

Dende o mes de febreiro ata maio, AGA está impartindo charlas informativas sobre a Vespa Velutina por toda Galicia dentro do programa "Stop Velutina".

Temas:

1.- O que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina nigrotorax.

2.- O avespón asiático unha ameaza real. Colectivos afectados

3.- Como comportarse ante a presenza da V.Velutina.

4.-Vixianza e control, colocación de  trampas para capturar raÍñas fundadoras na primavera, eliminación de niños no verán e outono, quen deberá facer esta labor.

5.- Demostración de elaboración de trampas e atraentes para capturar raíñas fundadoras.

Calendario de charlas:

Santiago de Compostela - 21/02 no CIAC ás 19 h.
Carral - 28/02 na Casa da Cultura ás 19h.
Gondomar - 5/03 no IEM ás 20.30 h.
O Vicedo - 17/03 na Casa da Cultura ás 20 h.
Mondoñedo - 18/03 no Centro Comarcal ás 20 h.
Ourol - 19/03 no Edificio Multiusos do Concello ás 20 h.
Culleredo  - 21/03 no Xardín Botánico de 11 h. a 14 h.
Tomiño - 25/03 na Casa da Cultura ás 20 h.
Vigo - 26/03 na Casa dos Montes de Valadares ás 20 h.
San Sadurniño - 22/05 no CEIP pola mañán

DAGA Ortegal organizará unha xornada especial sobre a vespa velutina ó remate do programa que nos permitirá facer unha avaliación das actividades desenvolvidas na primavera e ver propostas cara outras actividades para o verán. Xa se enviará programa e data desta xornada.

Calquera persoa interesada pode participar nestas actividades e a entrada é de balde.


Voltar