+ 34 981 508 142

PROXECTO DE INFORME Ó PARLAMENTO EUROPEO, CONSIDERACIÓNS E PROPOSTAS DE AGA

15 de setembro de 2017

Actualmente a Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo está a elaborar un informe específico sobre as futuras perspectivas e desafíos para o sector apícola da Unión Europea e que pretende adoptar medidas de apoio á produción de mel dentro da Política Agraria Común (PAC). Informe sobre apicultura publicado polo Parlamento Europeo.

Lidia Senra, do Grupo Confederal de Esquerda Unitaria Europea, está a recopilar información, propostas e achegas na Galicia para elaborar o informe definitivo. Este informe será sometido a votación na Comisión de Agricultura e, no caso de ser aprobado, votarase novamente por tódalas eurodiputadas/os en sesión plenaria do Parlamento Europeo.

A Asociación Galega de Apicultura enviou xa as súas consideracións ao texto proposto pola Comisión de Agricultura, que a continuación expoñemos en resume. 

1. CENSO DE COLMEAS

Indicamos que o censo de colmeas pode variar en función das colonias que pasaran ou non a invernada.
 

2. DATOS IMPORTACIÓNS DE MEL

Indicamos que os nosos datos reflexan que a porcentaxe de importacións de mel supoñen casi o 50% do mel consumido na UE e non o 25% como decía a Comisión; mentras que na Unión prodúcense 250.000 T/ano, as importacións chegan aos 200.000 T/ano  procedente fundamentalmente de países como China, Ucrania ou México.

 

3. REGULACIÓN DA APICULTURA DENTRO DA PAC

A regulación da apicultura dentro da PAC e fora dela non debe centrarse exclusivamente no seu aspecto comercial senón que debe tamén considerar a importante labor que desempeña a polinización dos cultivos e que debe ser considerado como un factor máis de apoio á agricultura. Esta cuestión está en consonancia co modelo agrícola que pretendemos cara o futuro, un modelo de agricultura en consonancia coa labor dos insectos polinizadores.
 

4. AXUDAS Á APICULTORES E APICULTORAS

Neste punto a Comisión falaba de axudas aos apicultores en función do número de colmeas. Propoñemos establecer un límite de axuda de 500 colmeas por apicultor/apoicultora. Con esta medida conseguimos distribuir os importes das axudas evitando que os máis grandes copen todo o orzamento.
 

5. EXENCIÓN FISCAL PARA OS APICULTORES E APICULTORAS

Estamos dacordo coa exención fiscal para os apicultores xustificado nos servizos gratuitos de polinización que prestan. Sen embargo tamén neste caso e baixo a mesma xustificación que no caso anterior propoñemos  establecer un límite de 500 colmeas.
 

5. VESPA VELUTINA

Neste punto fixemos fincapé na necesidad de que articule un sistema de axudas para os apicultores encamiñado a paliar as perdas ocasionadas pola velutina e que contemple todo os factores que provocan tales perdas, que non se reducen soamente ás perdas de colonias senón que contemplen tamén os gastos derivados das labores de sobrealimentación, limpeza e transporte, inversión en métodos de loita e protección dos apiarios etc.
 

6. INVESTIGACIÓN

Considerábamos máis efectivo e fiable que a investigación se levara nos laboratorios das universidades ou outros organismos públicos que garanten a utilidade real duns produtos o menos contaminantes posibles e cun mobil de actuación que non sexa exclusivamente o beneficio económico.
 

7. EFSA (AUTORIDADE EUROPEA DE SEGURIDADE ALIMENTARIA)

Reiteramos a petición de prohibición total dos neonicotinoides (imidacloprid, tiametoxan, clotianidina) seguindo as recomendacións da EFSA e a plena aplicación do seu Protocolo aprobado en 2013 que contempla de xeito máis profundo as avaliacións de risco sobre a saúde das abellas.
 

8. ETIQUETAXE - LUGAR DE ORIXE DO MEL

Dende AGA e máis a Cooperativa ERICA MEL somos partidarios de que exista a obriga de indicar o país do orixe do mel nas etiquetas do mesmo. Para isto, ben se pode acudir a regla xeral que establece a propia Directiva 2001/100/CE relativa ao mel  evitando así acudir á excepción que permite sustituir estas mencións polas mencións xenéricas "meles orixinarias/non orixinarias/orixinarias e non orixinarias da UE", ou ben basarse no Reglamento núm. 1169/2011 do Parlamento Europeo e o Consello do 25 de outubro de 2011, que regula a información alimentaria facilitada ó consumidor, directamente aplicable nos Estados membros e que establece a obriga de indicar o país de orixe do mel.
 

9. NEGOCIACIÓNS DE ACORDOS DE LIBRE COMERCIO E A CONSIDERACIÓN DO MEL COMO UN PRODUCTO SENSIBLE

Neste sentido consideramos necesario que tÓdalas cuestións relativas ao mel se rixan pola normativa aplicable na súa rexión de produción sen acudir a excepcións derivadas do principio de reciprocidade legal que permite que a circulación dos produtos fora da Unión siga as normas dos países de destino sen cumprir as normas dos países de orixe. Esta flexibilización do control no transporte e entrada e saída de mercancías provoca a aparición de pragas e outros desequilibrios tanto dende unha perspectiva ecolóxica de cambio na diversidade dos ecosistemas locais como dende un punto de vista comercial e económico dos mercados locais e nacionais.

Informe completo coas consideracións e propostas de AGA


Voltar