+ 34 981 508 142

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DAGAS

31 de marzo de 2016

As delegacións de AGA teñen un completo programa de actividades para esta primavera. A DAGA Ourense celebra a asemblea da delegación o 9 de abril en Allariz cunha charla sobre a Vespa velutina e no mes de maio un curso de iniciación. DAGA Rías Baixas, ademais de organizar un curso de iniciación en abril, celebrará o Día Mundial da Abella o 20 de maio e unha xornada apícola o 21 de maio en Gondomar. E as DAGAs de Bergantiños, Morrazo, Ferrolterra e Eume organizan varios cursos de formación nas súas comarcas.

 

DAGA OURENSE

Charla Stop Velutina e asemblea da delegación na Casa da Cultura de Allariz o día 9 de abril ás 18.30 h.

Curso de iniciación en Trasalba - Amoeiro, 7 e 8 de maio. Máis información.

 
DAGA EUME
 
DAGA Eume organiza un programa variado de cursos para esta primavera, dende análises do mel en laboratorio ata prácticas de trepa para retirada de niños de Vespa velutina. Terán lugar na Casa do Mel en Goente (As Pontes) e serán de pago, menos o de iniciación, que para socios/as de AGA Eume e Casa do Mel é gratuito. Ver cursos.
 
Información e inscricións: Tel. 661 003 616 ou email casadomel@vodafone.es

 

DAGA FERROLTERRA

DAGA Ferrolterra ofrece un amplo programa de cursos: técnicas de apicultura natural sostible, de abril a setembro, selección e multiplicación do colmear e obradoiros de cera e xabóns artesanais con produtos da colmea. Terán lugar en varios lugares da comarca, algúns son de pago e outros gratuitos. Ver cursos.

Información e inscricións: Tel. 661 378 960 ou email dagaferrol@hotmail.com

 

DAGA RÍAS BAIXAS

I XORNADAS APICOLAS, 20 e 21 de maio no Auditorio Lois Tobío en Gondomar. Celebración do Día Mundial da Abella o 20 de maio con actividades para escolares e Xornada Apícola o 21 de maio con ponencias impartidas por técnicos/as de AGA e da Universidade de Vigo e apicultores profesionais. Máis información : daga.riasbaixas@gmail.com.

Curso de iniciación en Gondomar, 8, 9 e 10 de abril. Máis información.

 

DAGA BERGANTIÑOS

Curso de iniciación sobre a reprodución apícola para aprender como facer novas colmeas no propio apiario. Terá 6 horas de duración, con teoría e práctica e será impartido por Gonzalo Calvo, veterinario de AGA. Só para socios/as de AGA e gratuito. Máis información.

 

DAGA MORRAZO

Curso de iniciación en Moaña, 30 de abril e 1 de maio. Máis información.

 

 


Voltar