+ 34 981 508 142

PUBLICACIÓN ORDE DE AXUDAS PLAN APÍCOLA 2018

23 de marzo de 2018

Hoxe 23 de marzo saiu publicada no DOGA a orde de axudas do Plan Apícola 2018:

https://www.xunta.gal/…/201…/AnuncioG0426-090318-0002_gl.pdf

Lembramos que para SOLICITAR AS AXUDAS os socios/as deberán enviar antes do 31 de marzo:

1. Solicitude cuberta (descargar a carta e solcitude)

2. Xustificante de pagamento do pedido, a ingresar na conta de AGA (indicando no concepto o nome do socio/a e Plan Apícola 2018) ou fotocopia do albarán de compra, no caso de ter xa adquirido o material nos prazo e forma establecida por AGA.

3. Fotocopias do caderno apícola da:

Páxina nº1 onde figura o selo da actualización do ano 2018. Se nesta páxina non está o selo, enviar tamén a páxina onde estea (páxinas nº 1 a 3), asegurándose que apareza o selo, sinatura, data e "conforme" da oficina agraria

Páxina nº4 onde figuran os datos do titular da explotación.

Non é necesario compulsalas.

Máis información: Tel. 981 508 142 / info@apiculturagalega.es


Voltar