+ 34 981 508 142

Plan Apícola 2013 e tratamentos para a varroa

Está publicado o Plan Apícola 2013 no DOGA do 10 de maio.

Debido ao axustado do montante económico, non podemos continuar coa subvención aos materiais, a partires de agora os materiais serán a prezo de custe. Sen embargo gardade o albarán de compra xa que se se amplía o capital tal como insinnuan no DOGA procederíamos a devolver a parte correspondente.

A subvención dos tratamentos para a varroa tamén foi reducida. Este ano non será administrada polas oficinas agrarias como anos anteriores. En Arzúa temos á venta diferentes tratamentos a prezos especiais para os socios e socias. No caso de que se amplíe a subvención, ó igual que o resto de material, poderase facer a devolución da parte correspondente. Para iso é preciso gardar o albarán de compra do produto.

Os produtos dispoñibles en AGA son Apistan, Beevital e Timol. As persoas interesadas noutros tratamentos que se poñan en contacto con AGA. Farase a compra doutros produtos sobre pedido.

O día da Mostra Galega de Apicultura, 1 de xuño en Arzúa, recolleremos os encargos dos tratamentos e os libros apícolas para que o veterinario os cubra.

Tal como se están pondo as cousas imos ter que ir pensando en seguir coa actividade en ausencia de subvencións. Por iso unha vez máis vos pedimos ir actualizando os prezos a alza, xa que nestes intres está máis alto o prezo do mel foráneo que o de aquí de Galicia.


Voltar