+ 34 981 508 142

Plan Apícola 2013

Para participar hai que ter as colmeas rexistradas, ter o caderno de explotación apícola ao día, ter as colmeas aseguradas, e ENVIAR AS FOTOCOPIAS COMPULSADAS antes do 20 de marzo á sede de AGA ó seguinte enderezo: AGA Feira Nova s/n 15819 Santa María – Arzúa (A Coruña)

A orde do Plan Apícola 2013 todavía non saíu publicada. En canto saia comunicarémolo e informaremos sobre os detalles.

PROCEDER:

Ir á oficina agraria co caderno apícola, pedir as fotocopias compulsadas das follas 1, 4 e 9 e envíalas por correo a sede de AGA.

Ésta é a NOVIDADE, xa se nos dixera que este ano non se ían pedir, pero agora sí que se esixen. Os que xa actualizaron o libro que volvan á oficina agraria a facer as fotocopias compulsadas e as envíen.

Outro requisito obrigatorio é o de ter un seguro para as colmeas (RC ou MR). AGA pode facer este seguro, vale con chamar por teléfono para dar os datos.

BENEFICIOS DE ACOLLERSE AO PLAN APÍCOLA

PROGRAMA SANITARIO: Ter un veterinario a nosa disposición para charlas, visitas, asesoramente e expedición de receitas.

Ter unha rebaixa, nos fondos sanitarios e láminas de cera de calidade para renovar na cámara de cría.

Ter rebaixa nos prezos dos tratamentos contra a varroa.

Seguramente, obter algo de subvención para formación e seguros. Esto último está no aire xa que nos anuncian que o presuposto se reduce bastante.


Voltar