+ 34 981 508 142

Plan Apícola 2015

A orde das axudas do Plan Apícola 2015 foi publicada o día 12 de xaneiro no DOGA nº 6. O prazo para solcitar estas axudas remata o 12 de febreiro.

Pódese descargar neste enlace: Plan Apícola 2015

Os apicultores/as poden obter os seguintes beneficios:

1.- Ata o 80% dos custes do tratamento contra a varroa

2.- Ata o 50% dos custes de fondos sanitarios e das láminas de cera da cámara de cría, máximo 4 láminas por colmea.

3.- Ata o 50% dos custes do seguro. No ano 2014 non houbo esta subvención por non chegar os fondos, que son en total 400.000 € coma en anos anteriores.

4.- Os apicultores/as con máis de 50 colmeas que fagan transhumancia poden solicitar as axudas da liña C pola súa conta.

Para recibir estas axudas os socios e socias deberán:

- Ir á oficina agraria comarcal a actualizar o caderno apícola

- Enviar a AGA antes do 5 de febreiro as fotocopias das páx. 1, 4, 5 e 9 actualizadas (non é necesario compulsalas), xunto coa solicitude do seguro, material e tratamentos, incluida na Circular Informativa Xaneiro 2015. Tamén se poden entregar o DIA DO APICULTOR o día 01 de febreiro en Arzúa. 

- Ter contratado un seguro de colmeas, a través de AGA ou por conta propia. As persoas que teñan o seu propio seguro terán que enviarnos un certificado e xustificante de pago do mesmo e os que o fagan por AGA téñeno que indicar na solicitude.

 


Voltar