+ 34 981 508 142

Plan Apícola 2016

9 de decembro de 2015

A orde das axudas foi publicada o día 3 de decembro de 2015 no DOGA, pódese descargar dende a web de AGA.

O importe total da subvención do Plan Apícola 2016 é de 445.896 €. Este importe repartirase entre as entidades e apicultores solicitantes nesta orde de prioridade: tratamentos contra a varroa, contrato do veterinario e un técnico para asistencia técnica aos apicultores/as, cera, fondos e alimento, seguros apícolas e transhumancia.

Polo tanto, en función das solicitudes que haxa, pode ser que non cheguen os fondos para cubrir todos estes conceptos. A Consellería comunicará a concesión da axuda e as contías asignadas para cada liña unha vez se presenten todas as solicitudes.

Para recibir estas axudas os socios e socias deberán:

1. Actualizar o caderno apícola a partir do día 1 de xaneiro de 2016 na oficina agraria.

2. Facer as fotocopias do caderno das páx. 1, 4, 5 e 9 (non é necesario compulsalas)

3. Cubrir a solicitude do seguro, material e tratamentos que se adxunta nesta carta. As cantidades indicadas son para facer o presuposto para solicitar a subvención.

4. Ter contratado un seguro de colmeas, a través de AGA ou por conta propia, como mínimo do nº de colmeas declaradas no libro. As persoas que teñan o seu propio seguro terán que enviarnos un certificado do mesmo e o xustificante de pago. As que o fagan por AGA téñeno que indicar na solicitude. A póliza multirrisco de AGA ten un custe de 1 €/colmea.

5. Enviar a solicitude e fotocopias a AGA antes do 15 de xaneiro do 2016, por carta a AGA Feira Nova s/n 15819 Santa María Arzúa ou por email a info@apiculturagalega.es. Se se envía por email, confirmaremos a recepción pola mesma vía. Se non se recibe confirmación, poñerse en contacto con AGA.

Descargar solicitude Plan Apícola 2016

Requisitos para acceder ás axudas

- Ter rexistradas as colmeas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015. Os que non teñan o rexistro con anterioridade a esta data, non entran na subvención do 2016.

- Ter realizada a declaración censual relativa ao 2016

- Dispoñer dun seguro como mínimo de responsabilidade civil

- Realizar o tratamento anual contra a varroa

- Entregar a documentación solicitada antes do 15 de xaneiro.

- Recoller os produtos e facer a receita do tratamento antes do 1 de agosto do 2016.

Beneficios destas axudas

- Ata o 80% dos custes do tratamento contra a varroa.

- Ata o 50% dos custes de fondos sanitarios, láminas de cera da cámara de cría e alimento.

- Ata o 50% dos custes do seguro.

Os apicultores/as con máis de 50 colmeas que fagan transhumancia poden solicitar as axudas da liña C pola súa conta, que cubren ata un 70% dos custes.

Que se pode solicitar?

Un tratamento para a varroa, catro láminas de cera, un fondo sanitario, un envase de alimento e o seguro por cada colmea, en función do nº de colmeas que se teñan declaradas no censo no momento de enviar a solicitude.

Onde?

A cera e os fondos pódense recoller en Erica Mel, en Arzúa, ou en Apícola Carballal, en Ourense. Se se recollen en Apícola Carballal, hai que indicar no momento da compra que solicita a axuda do Plan Apícola 2016 e pedir o albarán de AGA. Non é necesario enviar a copia a AGA. Para os tratamentos para a varroa, na primavera enviarase unha circular con información para facer os pedidos e no verán o veterinario fará a rolda de receitas e entrega do tratamento.

Cando?

Pódese recoller o material dende o 1 de febreiro ata o 1 de agosto de 2016. As persoas que despois do 1 de agosto non teñan albarán de compra e receita do tratamento, non entrarán na subvención.

Máis información:

AGA – Asociación Galega de Apicultura
Feira Nova s/n 15819 Santa María – Arzúa
Tel. 981 589 534 / 981 508 142
Email: info@apiculturagalega.es
Web: www.apiculturagalega.es

 

 


Voltar