+ 34 981 508 142

Plan Apícola 2017

A orde das axudas do Plan Apícola 2017 será publicada durante este mes de marzo. A Consellería xa nos adiantou o seu contido polo que estamos xa enviando esta información ós nosos socios e socias para ir adiantando os trámites. O importe total da subvención será de 519.320  €, que se repartirá entre as entidades e apicultores/as solicitantes coa seguinte porcentaxe máxima e nesta orde de prioridade:

  • Tratamentos contra a varroa (ata o 80%)
  • Contrato do veterinario (ata o 90%) e un técnico (ata o 70%)
  • Alimento (ata o 50%)
  • Cera (ata o 50%)

En función das solicitudes que haxa, pode ser que non cheguen os fondos para cubrir todos estes conceptos. A Consellería comunicará a concesión da axuda e as contías asignadas para cada liña unha vez se presenten todas as solicitudes.

Atención: Como novidade este ano, despois de varios anos de reclamación dende AGA, a Consellería reduciu o nº de fotocopias do caderno que hai que entregar coa solicitude da subvención e agora só é necesaria a folla relativa á actualización dos servizos veterinarios (páxina 1). Ademais, este ano incluimos na solicitude que hai que entregar en AGA o pedido dos tratamentos da varroa para as colmeas que entran no Plan Apícola, que en anos anteriores se facía na primavera.

Para recibir estas axudas os socios e socias deberán:

1. Estar inscrito/a no Rexistro Oficial Apícola de Galicia antes do 01 de xaneiro do 2016.

2. Ter actualizado o caderno apícola entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo de 2017 na oficina agraria.

3. Facer afotocopia da validación anual ou actualización dos servizos veterinarios do caderno apícola (páxina 1 e a seguinte onde esté o selo da última actualización). No caso de que na citada folla non apareza o REGA, deberá aportarse a folla onde apareza reflectido o dito código. Non é necesario compulsala.

4. Ter contratado un seguro para o nº de colmeas declaradas no caderno, a través de AGA ou por conta propia. As persoas que teñan o seu propio seguro terán que enviarnos a fotocopiada póliza do seguro en vigor, onde se especifique o nome do titular da explotación, o código REGA e o nº de colmeas aseguradas, así como o xustificante bancario do seu pagamento. Os certificados que emitían as compañías de seguros xa non son válidos. No caso de ter o seguro colectivo de AGA non hai que enviar nada.

5. Cubrir a solicitude (descargar aquí), indicando os datos da explotación, as cantidades de tratamento, alimento e cera que cada socio/a comprará e o nº de colmeas para o seguro.

6. Enviar a solicitude e as fotocopias por unha única cara a AGA ata o 5 de abril, por carta: a AGA Feira Nova s/n 15819 Santa María Arzúa ou por email a: info@apiculturagalega.es. Se se envía por email, confirmaremos a recepción pola mesma vía. Se non se recibe confirmación, poñerse en contacto con AGA.

7. Recoller os produtos e facer a receita do tratamento antes do 15 de xullo do 2017

 

SEGURO APÍCOLA

Os socios/as que queiran solicitar o Plan Apícola teñen que ter un seguro de colmeas, por AGA ou por conta própria. Para facer o seguro por AGA, se todavía non o comunicaron, hai que indicalo na solicitude. A póliza ten unha validez dun ano dende o 7 de febreiro do 2017 e este ano o custe é de 1.28 €/colmea, xa que aumentou a valoración da colmea de 72 € a 100 €. O cobro farase por domiciliación ós que teñan a cuota domiciliada, para o resto será por transferencia ou efectivo.

Lembramos que o seguro non se renova automáticamente, polo tanto os socios e socias que xa o teñan contratado o ano pasado teñen que renovalo comunicándollo a AGA. Se solicitan o Plan Apícola hai que anotalo na solicitude e se non, tanto para os que queiran renovar como contratar por primeira vez, poden poñerse en contacto coa asociación para indicar o REGA e o nº de colmeas actual, que ten que coincidir coas que teñan actualizado no caderno apícola.

 

ALIMENTO E CERA

O alimento será subvencionado como máximo ata o 50%, cun límite de 2 € por colmea, é decir, pódese gastar como máximo 4 € para que subvencionen 2 €. A cera tamén pode ser subvencionada ata o 50% do seu custe e pódese adquirir como máximo 400 g por colmea. Para solicitar alimento e cera hai que ter solicitado tamén tratamento para a varroa. Os pedidos pódense recoller en Erica Mel en Arzúa, Apiyago en Santiago ou en Apícola Carballal en Ourense ata o 15 de xullo. Se se recollen en Apícola Carballal ou Apiyago, hai que indicar no momento da compra que solicita a axuda do Plan Apícola 2017 e pedir o albarán de AGA (para gardar como xustificante, non é necesario envialo a AGA).

 

TRATAMENTOS VARROA 2017

A continuación os tratamentos para a varroa que ofrecemos para o 2017. Lembramos que se un produto funcionou ben convén utilizalo varios anos e gardar as outras alternativas de rotación para cando comece a ter resistencias. Recomendamos o amitraz como principio activo, xa que en Galicia está funcionando ben e deixa poucos residuos, tendo en conta que sempre pode haber variacións em función das resistencias. Os produtos que menos recomendamos son o Apistan, porque xa se leva utilizando moitos anos, e o Checkmite, pois están alertando tanto dende a Bayer, a empresa fabricante, como dende o Ministerio de Agricultura e a Consellería de Medio Rural sobre a falta de eficacia do produto e a creación de resistencias da varroa a esta molécula.

Este ano inclúese na solicitude o pedido dos tratamentos, só para as colmeas que entran na subvención. Cobrarase a prezo subvencionado (o 20% do seu custe) o tratamento para as colmeas actualizadas na oficina agraria a 31/12/16, o resto ata completar envase cobrarase a prezo sen subvención. O pago será por domiciliación bancaria durante a primavera. As persoas que non teñan a cuota domiciliada terán que indicar un nº de conta na solicitude. Para as colmeas que se vaian adquirindo durante o 2017 ou que non entren no Plan Apícola, poderase pedir o tratamento máis adiante e os pedidos entregaranse durante o verán, na rolda do veterinario. Na primavera enviarase unha circular con toda a información.

As persoas que non teñan albarán de compra e receita do tratamento antes do 15 de xullo non entrarán na subvención.

Prezos dos tratamentos

PRODUTO

PRINCIPIO ACTIVO

Nº COLMEAS / ENVASE

PREZO / ENVASE

PREZO / COLMEA

PREZO / COLMEA
PLAN APÍCOLA (20%)

APIVAR

AMITRAZ
(tira de 20,5 cm)

5

15,30 €

3,06 €

0,612 €

APITRAZ

AMITRAZ
(tira de 25 cm)

5

13,60 €

2,72 €

0,544 €

CHECK-MITE

COUMAPHOS

5

21,40 €

4,28 €

0,856 €

APISTAN

FLUVALINATO

5

18,15 €

3,63 €

0,726 €

THYMOVAR (ECOLOXICO)

TIMOL

5

17,85 €

3,57 €

0,714 €

MAQS (ECOLOXICO)

AC FORMICO

10

61 €

6,10 €

1,22 €

 

Descargar solicitude Plan Apícola 2017


Voltar