+ 34 981 508 142

Plataforma Stop Velutina - Galicia

Hai tempo que dende AGA estamos traballando para que a problemática sobre a velutina sexa tamén asumida por parte da Consellería de Medio Ambiente, xa que se trata dunha especie exótica invasora. En este mesmo sentido xirou a reunión coa Consellería de Medio Ambiente o pasado día 31 de marzo.

Para isto, AGA e máis o SLG tivemos a iniciativa de facer un documento coas peticións mínimas sobre o tártago asiático, que pretendemos sexan asumidas, en primeiro lugar, pola Consellería de Medio Ambiente e tamén polo MAGRAMA a nivel estatal.

A Plataforma Stop Vespa velutina terá como finalidade achegar este documento ás administracións, sen que se trate dun organismo independente nin permanente, senon constituído como instrumento para esta labor. Ainda que a iniciativa partiu de AGA e máis o SLG, a idea é movelo por todos os sectores afectados e contar así co máximo apoio posible.

Nos seguintes enlaces pódedes atopar a carta de presentación sobre a Plataforma así como o documento de mínimos onde recollemos as principais peticións. É un proxecto aberto a calquera aportación e as persoas interesadas poden contactar con AGA ou con o SLG a través dos enderezos indicados na carta de presentación.

Carta de presentación da Plataforma Stop Vespa velutina

Documento de mínimos


Voltar