+ 34 981 508 142

Premio do concurso "Produto A Pinga"

6 de xuño de 2016

Na 31ª Mostra Galega de Apicultura presentáronse os produtos do concurso A Pinga, un concurso de produtos orixinais e innovadores elaborados a partir da rica variedade de produtos que nos ofrecen as abellas.

Participaron unha amplia gama de produtos, crema de cera de abella para limpeza de madeira e coiro, vinagre de mel ou gominolas e caramelos de mel son algúns exemplos.

O produto gañador do premio « A Pinga » decidido por unanimidade do xurado, formado por Manuel Gutiérrez presidente de Erica Mel, Dulce Barros, vogal de AGA e Abel Yáñez presidente de honra de AGA, foi « Merchandising apícola » presentado por Mª Carmen Puga González de Lalín, que consistía nun orixinal e colorido conxunto de pezas con temática apícola elaboradas artesanalmente a partir de diferentes materiais.

Ver fotos dos produtos e da exposición do concurso


Voltar