+ 34 981 508 142

Programa III Foro Apícola

Xa temos confirmado o programa do III Foro Apícola, que será o 6 de xuño en Arzúa. As charlas, que serán de mañán e tarde, tratarán os temas máis actuais da nosa apicultura e presentacións de innovacións.

Haberá un espazo para nenos e nenas con actividades apícolas, así que podedes traer convosco aos futuros abelleiros e abelleiras. Tamén temos organizado un gran xantar de irmandade, para o que tedes que apuntarvos e pagar por adiantado. 

Agardámosvos a todas e todos, o III Foro Apícola é aberto a todo o público polo que podedes acudir coas vosas familias e amigos.

 

Programa:

10:00 h. Apertura instalacións

No Local Asociación de Veciños de Santa María

10:30 h. Presentación da colmea sintética de Anel e os seus beneficios na apicultura moderna. Eleftherios Pantelakis. Anel, Grecia.

11.00 h. BeeTracker : Sistema antirroubo e monitorización de colmeas. Lepton-Vodafone.

11:30 h. Amicel Varroa, novo tratamento veterinario para combater a varroa. F.J. Orantes. Laboratorios Apinevada, Granada.

12:00 h. Aethina tumida, un novo inimigo das abellas. Antonio Gomez Pajuelo. Consultores Apícolas A.G. Pajuelo, Castellón. Conferencia patrocinada por Santamix-Ibérica.

12:30 h. Uso do própoleo na agricultura ecolóxica e viticultura. Mercedes Martínez Modroño. Ourense.

13:00 h. Asemblea de Erica Mel

14:00 h. Xantar de irmandade apícola (no campo da festa de Santa María)

17:00 h. O patrimonio apícola cereiro en Galicia. Damián Copena e Diego Copena. Investigadores da  UVI

17.30 h. Campaña de promoción "A Pinga", presentación de novidades. Isabel Sanjurjo. Canal de Comunicación, A Coruña.

17:45 h. Apiturismo e viaxe a Eslovenia. Paula Souto, técnica de AGA.

18:00 h. Como afecta ó mel a nova normativa de etiquetado. Silvia Cañas. Enx. Téc. Agrónomo e editora de Apicultura Ibérica, Barcelona.

18:15 h. Control de Vespa Velutina en Galicia por Gonzalo Calvo, veterinario de AGA e José Fernandez,  encargado de AGA no convenio co 112. Presentación de trampas de Vetofarma por representantes de Santamix – Ibérica. Olores que atraen a V. Velutina: potencial uso en trampas por Xesús Feás, investigador da USC.

No Centro do Queixo e do Mel

De 17:00 h a 18:15 h. Obradoiro de apicosmética. Antonio Gómez Pajuelo. A.G. Pajuelo Consultores Apícolas,  Castellón. Obradoiro patrocinado por Santamix-Ibérica.

Actividades para nenos e nenas, por Fina Pérez educadora ambiental.

Información e trámites para os socios e socias actividades para nenos e nenas.

Na nave de Erica Mel

Durante todo o día, feira de material apícola  e exposición de novidades.

Xantar de irmandade apícola.

O menú será: empanada, pulpo, carne o caldeiro, postre, café e bebidas. 

Para reservar o xantar hai que ingresar 22 € no nº de conta ES02 2080 0348 38 3000018210 antes do día 30 de maio, indicando no concepto "Xantar Arzúa" e o nome do socio/a. Despois poñerse en contacto con AGA para dar o nome e indicar a data do pago ou enviar o xustificante por email.

Entregarase o vale para o xantar no mostrador do Centro do Queixo e do Mel.


Voltar