+ 34 981 508 142

Programa de AGA 2013

OBXECTIVOS

· Promover a incorporación de novos abelleiros e abelleiras ao sector apícola e a AGA, con base á formación e ao programa "Recambio".

· Elaboración e comercialización de produtos innovadores polo grupo APIE, co fin de ter un maior valor para as nosas producións e promover a suba do prezo do mel e demáis produtos apícolas.

· Dentro do Plan apícola 2013, realizar un programa sanitario para o control da varroa, da vespa velutina e da loque americana.

· Dar todo tipo de servicios aos socios e socias de AGA

ACTIVIDADES

· 6 horas diarias de atención ao soci@

· Seguros. Continuar coas pólizas de R.C. e M.R.

· Formación:

- Cursos teórico-prácticos de iniciación a desenvolver en fins de semana en diferentes lugares de Galicia: Lugo, Ourense, Rías Baixas, Culleredo, Santiago, nas Delegacións de AGA e noutros lugares onde haxa demanda.

Os interesados nestes cursos xa poden enviar a AGA un e-mail, aga@queixoemel.org , cos datos seus para logo informarlos dos días, lugares e horarios do curso ou chamar por teléfono á AGA (981 508 142). Serán gratuítos para socias e socios e terán un custe de 40 € para os non asociados.

- Cursos especializados: Emprendemento e innovación, API-Emprendedor@s, outros…

- Programa sanitario. Dentro do plan apícola 2013, control de Varroa, Vespa Velutina, Loque… Xestión de tratamentos

- Xornadas e xestión de materiais apícolas: Día do apicultor e Mostra Galega de Apicultura en Arzúa.

- Día de campo: Selección e reproducción de abellas. Viana do Bolo. Ourense

- Día de Campo: Produción ecolóxica. SAT. Abella Lupa. Covelo. Pontevedra

- Feiras do mel

- Viaxe apícola anual

- Información: Web de AGA. Correo Apícola. Revista Abelleira.

- Participación dentro da Plataforma contra os pesticidas, Coeur, AFCA, CODACC….Por un futuro sen pesticidas

- Programa "RECAMBIO": consiste en que un abelleiro que abandona, ou onde haxa un apiario inactivo, etc, un novo abelleir@ poida facerse cargo de darlle continuidade. AGA fará a xestión poñendo en contacto demandantes e ofertantes.

- Posta en funcionamento dos distintos modelos de etiquetado para o mel, produción primaria, etc.

- Traballos de Organización do VII Congreso Apícola Hispánico que terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro de 2014, en Santiago de Compostela e que organizará AGA

- As DAGAS tamén realizarán actividades apícolas: cursos, feiras do mel, viaxes, xestión de materiais, etc.


Voltar