+ 34 981 508 142

Programa de AGA 2015

O Día do Apicultor o 1 de febreiro en Arzúa presentouse o programa de AGA para o 2015. 

Os obxectivos que nos propoñemos este ano son: 

  • Ofrecer  formación, tanto a novos como experimentados abelleiros e abelleiras, e continuar coa tarefa do coidado das abellas e do medio ambiente
  • Levar a cabo plans artellados colectivamente para facer fronte ás dificultades, como a presencia da Vespa Velutina
  • Facer divulgación na sociedade sobre o valor das abellas e dos seus produtos, con novas prácticas como o apiturismo
  • Facer partícipe á comunidade abelleira da vida da asociación e do sector apícola a través de actividades abertas como o III Foro Apícola.

Con estes fins, levaremos a cabo as seguintes actividades:

1. Asesoramento: de luns a venres, de 10 a 14 h e de 16 a 18 h, en Arzúa.

2. Información: Correo Apícola, e-mail, páxina web.

3. Programa de formación:

– Cursos de apicultura, en distintos lugares de Galicia, dende abril deica xullo.

– Día de campo: Covas-Taboada (Lugo) o 5 de xullo.

– Cursos de especialización: cursos de cría de raíñas e reprodución apícola, en abril, maio e xuño.

4. Xornadas:

– Día do Apicultor : 1/02/15, Arzúa.

- Programa STOP-Velutina, en distintos puntos de Galicia.

- Día da Abella: 21/03/15, Culleredo.

- Colleita de pole : 14/06/15, Trasalba (Amoeiro - Ourense)

- III Foro Apícola: 6-7/06/15, Arzúa. 35º aniversario de AGA, 30º aniversario da Mostra, 25º aniversario de Erica Mel. Palestras, obradoiros e feira apícola

5. Servizos: Plan Apícola 2015; produción primaria; Das Miñas Colmeas e campaña de promoción «A Pinga»; seguros; tenda de apicultura; colaboración en feiras do mel; pertenza a:  Bee Life, CODACC , AFCA.

6.  Apiturismo: Viaxe a  Eslovenia, 20-26/09/2015.

7.  Convenios: 112, outros.

2. Actividades das DAGA: cursos de iniciación, especialización, xornadas e obradoiros.


Voltar