+ 34 981 508 142

Programa de formación AGA 2014

O programa de AGA para o 2014 terá como obxectivos principais continuar coa promoción de incorporación de novos abelleiros e abelleiras e a elaboración, diversificación e comercialización de produtos innovadores.

A formación consta de cursos de iniciación e de especialización, que terán lugar dende abril ata xuño do 2014 en diferentes lugares de Galicia.

 

CURSOS DE INICIACIÓN Á APICULTURA 2014

Organiza: AGA Asociación Galega de Apicultura

Contidos:

1. A apicultura, unha actividade multifuncional

2. A saúde das abellas

3. Produtos das abellas.

4. Días de campo.

Características dos cursos:

Duración: 12 horas (3 días)

Horarios:

1º Día: de 18 a 21 (tema 1)

2º Día: de 11 a 14 (tema 2) e de 16 a 19 (tema 3)

3º Día: de 10 a 14 (Visitas aos apiarios).

Prezos: O curso será gratis para socios/as de AGA e cun prezo de 40 € para non socios/as

Aforo participantes: Mínimo 10 (se non se chega ó minimo de participantes o curso poderá ser cancelado)

Programa, lugares e datas cursos de iniciación: ver información

 

CURSOS ESPECIALIZACIÓN AGA 2014

1. Curso de cría de raíñas. Perfeccionamento

Obxectivos: Conxugar ensinanzas teóricas e prácticas para acadar un mínimo dominio nas técnicas básicas de cría de raíñas. Intentar adaptar para cada un dos participantes un método de cría apto para as súas circunstancias específicas.

2. Colleita de pole e própole.

Obxectivos: O pole ten unha demanda cada vez maior, dende AGA queremos formar produtores para o aproveitamente deste novo recurso que nos proporcionan as abellas. O mesmo sucede co própole.

3. Formación en análise de mel

Obxectivo: Proporcionar uns coñecementos básicos laboratoriais para definir a calidade do mel en función da demanda comercial deste produto.

4. Estampado de cera

Obxectivos: Ante a cantidade de residuos atopados na cera nos últimos tempos, e a escaseza do produto, cada vez son máis os apicultores de optan por estampar a súa propia cera.

Ver información do programa dos cursos de especialización.

 

Inscricións

Prezos: O curso será gratis para socios/as de AGA e cun prezo de 40 € para non socios/as

Poñerse en contacto con AGA por mail aga@queixoemel.org ou por teléfono 981 508 142 para facilitar nome e apelidos do interesado, email e teléfono e o curso no que se quere inscribir.

A continuación, os inscritos en cursos de pago, deberán facer o ingreso por medio de transferencia a NovaGaliciaBanco, conta ES02 2080 0348 38 3000018210, ou en efectivo na sede de AGA. Ao empezar o curso haberá que presentar o xustificante de pago. 

Data límite

A data límite para as inscricións e os pagos será de 1 semana antes da realización do curso. No caso do curso de colleita de pole e própole a data límite é o 15 de abril.


Voltar