+ 34 981 508 142

Programa de formación AGA 2016

21 de marzo de 2016

AGA organiza para esta primavera un programa de formación que inclúe : 14 cursos de iniciación gratuitos para socios/as; 3 cursos de especialización sobre reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica, só para socios/as e de pago ; un curso de iniciación á reprodución do apiario e un curso de cosmética apícola. 

Máis información na sección de cursos de AGA

O programa inclúe ademais a celebración das seguintes xornadas, das que se informará en próximos correos apícolas :

- Día da Abella, 20 de maio en Allariz
- 31ª Mostra Galega de Apicultura, 4 de xuño en Arzúa
- Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina, 1 e 2 setembro en Lugo. 

As DAGAS tamén teñen un programa de actividades para esta primavera que inclúe varios cursos, de iniciación e especialización, así como Xornadas Técnicas e outras actividades. Ver información


Voltar