+ 34 981 508 142

Programa de formación de AGA 2017

24 de marzo de 2017

Xa está aberto o prazo de inscrición para apuntarse nos cursos de formación de AGA. O programa inclúe 19 cursos básicos de apicultura de fin de semana, destinados principalmente a aquelas persoas que queiran iniciarse no mundo abelleiro, gratuitos para os socios e socias e cun custe de 50 € para non socios/as. Haberá tamén dous cursos de especialización en cría de raíñas e reprodución do apiario, dirixidos só a socios/as con formación apícola previa e que serán de pago. E por último, ofreceremos unhas xornadas formativas adicadas á reprodución do apiario impartidas por profesionais do sector apícola, que amosarán de xeito práctico como autorreproducir o propio colmear utilizando diferentes técnicas. Estas xornadas serán tamén só para socios/as e terán un prezo de 20 €. 
 
Ademais este ano AGA colabora na organización dun curso de apiterapia que realizará Apiterapia Bierzo en Ourense no mes de maio. Este curso, impartido por médicos apiterapeutas, ofrecerá unha completa formación para a aplicación terapéutica da apitoxina e dos outros produtos da colmea: mel, própole, pole e xelea real.

As delegacións comarcais de AGA tamén ofrecen un amplo programa de actividades de formación: cursos de iniciación, reprodución apícola, cría de raíñas, colleita de pole ou procesado da cera, entre outros. Toda a información sobre estes cursos pódese consultar tamén na web de AGA. 

Máis información dos cursos


Voltar