+ 34 981 508 142

Programa de sensibilización sobre a Vespa Velutina en Narón

25 de abril de 2016

O Concello de Narón en colaboración coa Delegación de AGA Ferrolterra pon en marcha a campaña primaveral STOP VESPA VELUTINA polas parroquias do rural de Narón.

As velutinas representan un problema importante de todos xa que devoran insectos beneficiosos que garanten a biodiversidade, acaban coa froita e representan un risco serio para as persoas.

Os centos de raíñas que xera cada niño en outono, coa primavera reinician o seu ciclo vital para fundar novas colonias, sendo cando mellor se pode loitar contra a praga. Probas e estudos realizados noutras zonas e países demostran que unha campaña intensa de trampeo na primavera reduce o número de niños ata un 75%. Participa e pon na túa horta ou xardín un par de trampas colgadas das árbores en flor como camelias e frutais xa que é alí onde van buscar alimento. ¡Lembra: raíña cazada, niño evitado!

Nas botellas plásticas de 1.5 ou 2 l. debemos meter uns 250 cc de atraínte a base de cervexa (40%), viño branco (40%) e zume de arandos ou outras froitas (20%). O atraínte tense que renovar cada 15 días, sen lavar a trampa e deixando no interior 2 ou 3 velutinas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta semana iniciase a campaña nas seguintes parroquias:

Martes, 26 de abril, as 19 horas - PEDROSO.- Local Asoc. Cultural A Pombiña.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mércores, 27 de abril as 20 horas - SEDES.- Local da AVV Rosa dos Ventos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta campaña extenderase por todas as parroquias do rural. Para máis información contactar con DAGA Ferrolterra. Se algunha asociación do casco urbano quere organizar esta actividade non ten mais que poñerse en contacto co concello, a través do correo omix@naron.es ou ben con DAGA Ferrolterra, por email a dagaferrol@hotmail.com ou tel. 661 378 960.


Voltar