+ 34 981 508 142

Programa do Día do Apicultor 2016

16 de febreiro de 2016

O día 20 de febreiro en Arzúa teremos un Día do Apicultor adicado á Vespa velutina e a saúde das abellas.

Pola mañá, no local da Asociación de Veciños de Santa María, AGA vai presentar o programa de investigación Stop Velutina e a continuación sucederanse as palestras de laboratorios e apicultores/as que teñan algún método ou experiencia sobre o control da Vespa velutina.

Pola tarde, os laboratorios farán unha presentación dos produtos para o tratamento da varroa e farase unha explicación dun novidoso servizo que ofrece o laboratorio Biopyc sobre limpeza de residuos da cera.

Programa:

Ás 10 h. apertura de instalacións

Ás 11 h. Sesión sobre Vespa velutina

11 h. Presentación Programa Stop Velutina de AGA – Xesús Asorey, Sandra Rojas e Xesús Feás

11.45 h. Palestras:

Fondo-trampa Velutina. Por Salvador Martínez - DAGA Rías Baixas

Fondo-trampa Velutina. Por Paco Graña – DAGA Bergantiños

Artiluxio de protección para a colmea. Por Xesús Asorey - AGA

Investigación sobre a Vespa Velutina en Francia. Por Ludovic de Feraudy - Vetopharma.

Apishield, fondo-trampa Velutina. Por Azucena Marques – Hifarmax.

Plan de actuación contra a Vespa Velutina no Morrazo. Por José María Bello – DAGA Morrazo

Preguntas e debate.

 

Ás 13 horas. Asemblea Xeral de AGA

 

Ás 16 h. Sesión sobre os tratamentos da varroa.

Thymovar e Hibee. Por Azucena Marques – Hifarmax.

Maqs. Por Ludovic de Feraudy – Vetopharma.

Checkmite. Por Encarna Garrido – Biopyc.

Limpeza de residuos da cera. Por Encarna Garrido – Biopyc.

Preguntas.

 

Ás 18 horas. Clausura da xornada


Voltar