+ 34 981 508 142

Prohibición Neonicotinoides

A Comisión Europea acaba de decidir formalmente a prohibición dos 3 neonicotinoides tóxicos para as abellas. A partir do 1 de decembro entrará en vigor a restricción e revisarase como máximo nun prazo de dous anos.

Despois de 18 anos de dura loita, a Unión Europea ven de realizar unha votación trascendental para as nosas abellas, para a biodiversidade e para a cadea alimentaria.

Dende AGA congratulámonos desta noticia e estamos moi satisfeitos xa que a nosa persistente loita non foi valdía, senón todo o contrario. Este feito abre un camiño de moitas posibilidades para a apicultura galega.

Seguiremos loitando para que se prohiban totalmente, tanto en sementes como en horticultura e fruticultura. A saúde das nosas abellas, do medio ambiente e dos alimentos que tomamos, non poden estar nas mans dunhas multinacionais que puxeron a vida da biosfera ao límite nos últimos anos.

Animamos a todos os interesados e interesadas a participar activamente nos cursos que AGA está impartindo por toda a xeografía galega. O día 1 de xuño en Arzúa, xunto coa 28 Mostra Galega de Apicultura, celebraremos esta importante vitoria, froito da loita dos apicultores e apicultoras, ecoloxistas e outros colectivos a nivel mundial.

Comunicado de Greenpeace: http://www.greenpeace.org/espana/es/news/2013/Abril/La-mayoria-de-los-paises-de-la-UE-apoya-la-prohibicion-parcial-de-los-plaguicidas-toxicos-para-las-abejas/

DECISIÓN FORMAL DA COMISIÓN EUROPEA PARA A PROHIBICIÓN DOS NEONICOTINOIDES

24 de maio de 2013

A Comisión Europea acaba de decidir formalmente a prohibición dos 3 neonicotinoides tóxicos para as abellas. A partir do 1 de decembro entrará en vigor a restricción e revisarase como máximo nun prazo de dous anos.

Aquí a publicación no diario oficial da UE:

http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:L:2013:139:0012:0026:ES:PDF

Este é un grande paso na boa dirección, pero moito queda por facer para que abellas e outros polinizadores sigan zumbando sen ameazas.


 

 

 


Voltar