+ 34 981 508 142

Próximas charlas sobre a Vespa Velutina

Dende o mes de febreiro, AGA está impartindo charlas informativas sobre a Vespa Velutina Nigrotorax que van dirixidas en xeral a todas as persoas interesadas e en particular a apicultores e apicultoras que queren poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares. 

Temas:

1.-O que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina nigrotorax.

2.-O avespón asiático unha ameaza real. Colectivos afectados

3.-Como comportarse ante a presenza da V.Velutina.

4.-Vixianza e control, colocación de  trampas para capturar raÍñas fundadoras na primavera, eliminación de niños no verán e outono, quen deberá facer esta labor.

5.-Demostración de elaboración de trampas e atraentes para capturar raíñas fundadoras.

A entrada é de balde

Próximas charlas:

O Vicedo - 17/03 na Casa da Cultura ás 20 h.

Mondoñedo - 18/03 no Centro Comarcal ás 20 h.

Ourol - 19/03 no Edificio Multiusos do Concello ás 20 h.

Tomiño - 25/03 na Casa da Cultura ás 20 h.

Vigo - 26/03 na Casa dos Montes de Valadares ás 20 h.

 


Voltar