+ 34 981 508 142

Próximos cursos básicos de AGA

7 de abril de 2017

O programa de formación de AGA 2017 comeza o vindeiro fin de semana 22 e 23 de abril en Gondomar e Celanova, onde se impartirán dous cursos básicos de apicultura, dirixidos principalmente a persoas que queiran inciarse no mundo abelleiro.

O prezo é de 50 € e inclúe a publicación de AGA "Curso de apicultura". Para socios e socias de AGA é de balde.

Para anotarse poñerse en contacto con AGA no tel. 981 508 142 ou no email info@apiculturagalega.es. A data límite é o 19 de abril.

Máis información dos cursos básicos de AGA.


Voltar