+ 34 981 508 142

Próximos cursos de Abella Lupa

Cursos organizados por Abella Lupa SAT, empresa especializada en apicultura ecolóxica e socia de AGA:

INICIACIÓN Á APICULTURA ECOLÓXICA

O curso de iniciación, fará un repaso pola historia da apicultura, o nacemento da apicultura moderna, o manexo das colmeas, a bioloxía da abella melífera (Apis mellifera L.), a polinización, lexislación apícola, a esmelga etc. Inclúe visita guiada ao Centro de Interpretación da Ceraría, Favum, ao lagar da cera de Paraños, ao centro de envasado e extracción de mel de Abella Lupa e aos seus apiarios.

Teoría e práctica (16 horas)

Datas do curso: 29 e 30 de abril e 6 e 7 de maio.

Horario: dende as 10:00 até as 14:00 horas tódolos días

Prezo: 70,00 € (IVE incluído)

>> Ver Programa

Lugar: Centro Cultural de Paraños (Covelo) Inclúe visita ao Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum

Colabora: Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum

>> Matriculación, formulario

 

CRÍA DE NAIS E MULTIPLICACIÓN DO APIARIO

O curso de cría de abellas mestras e multiplicación da alvariza fará fincapé no método de cría G. Doolittle.

Teoría e práctica

Datas do curso: sábado 20, domingo 21 de maio e mércores 31 de maio.

Horario: sábado dende as 10:30 até as 14:00 horas (teoría) e 16:00 até as 19:30 horas (práctica).Domingo dende as 16:00 até as 19:30 horas (práctica).Mércores dende as 16:00 até as 19:30 horas (práctica).

Prezo: 70,00 € (IVE incluído)

Lugar: Centro Cultural de Paraños (Covelo)

>> Matriculación, formulario

 

Máis información: 
info@abellalupa.com e www.abellalupa.com e 655 949 222

 

 


Voltar