+ 34 981 508 142

Publicación no DOGA do Plan Apícola 2016

4 de decembro de 2015

A orde das axudas do Plan Apícola 2016 foi publicada o día 3 de decembro de 2015 no DOGA. Pódese descargar aquí. O importe total da subvención é de 445.896 €.

Este importe repartirase entre as entidades e apicultores solicitantes nesta orde de prioridade:

- Tratamentos contra a varroa 

- Contrato do veterinario e un técnico para asistencia técnica aos apicultores/as

- Alimento, cera e fondos 

- Seguros apícolas

- Transhumancia

Polo tanto, en función das solicitudes que haxa, pode ser que non cheguen os fondos para cubrir todos estes conceptos. A Consellería comunicará a concesión da axuda e as contías asignadas para cada liña unha vez se presenten todas as solicitudes.

Información sobre cómo solicitar as axudas a través de AGA.


Voltar