+ 34 981 508 142

Publicación no DOGA do Plan Apícola 2017

A orde de axudas á apicultura do 2017, Plan Apícola, foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 28 de marzo. Pódese descargar neste enlace: Publicación DOGA Plan Apícola 2017.

Con motivo do retraso da súa publicación oficial, dende AGA ampliamos o prazo para a entrega das solicitudes dos nosos socios e socias ata o 12 de abril.

Lembramos que para acceder a estas axudas é preciso enviar a AGA a solicitude debidamente cuberta acompañada da fotocopia da páxina 1 e a seguinte onde esté o selo da última actualización do caderno apícola.  Para máis información sobre como realizar a solicitude consultar este artigo: Plan Apícola 2017.

 

Voltar