+ 34 981 508 142

Publicada a orde de axudas á apicultura 2014

14 de maio de 2014

Xa está publicada no DOG nº 91 do 14 de maio de 2014 a orde de axudas á apicultura do 2014. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación. 

Pódese descargar a publicación aquí

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2014.

Poderán ser obxecto das axudas:

a) Asistencia técnica aos apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores (ata un 90% do custe)

b) Loita contra a varroase. Inclúe tratamento sanitario (ata un 90% do custe) e cera e fondos de rede (ata un 50% do custe)

c) Racionalización da transhumancia. A esta liña só poden presentarse apicultores de mais de 50 colmeas que realicen trashumancia (ata un 70% do custe)

d) Seguros de responsabilidade civil das colmeas (ata un 50% do custe)

Para o cálculo das axudas terase en conta o número de colmeas que os solicitantes teñen inscritas no Rexistro de Explotacións Apícolas de Galicia, segundo a declaración censual efectuada correspondente ao ano 2013.

Nota importante: Cando se di subvención ata un tanto por cen non significa que vaia a ser esa porcentaxe. Pode ser menos, iso dependerá da cantidade de solicitudes que haxa e ata finalizar os cartos que hai este ano.  

Requisitos:

Os socios/as de AGA que queiran optar ás axudas de tratamentos, cera, fondos e seguros teñen que:

1. Ter entregadas as fotocopias das páxinas 1, 4, 5 e 9 do libro

2. Ter contratado un seguro de responsabilidade civil.

3. Conservar os albaráns de compra de Erica Mel para despois obter a devolución do importe subvencionado.

O importe que lle corresponderá a cada concepto darase a coñecer nos meses de verán e comunicarémoslle ós socios/as como obter a devolución da subvención. 

Onde adquirir o material:

A cera e os fondos pódense mercar na tenda apícola de Erica Mel en Arzúa ata o 01 de xullo. En canto ós tratamentos contra a varroa daremos a coñecer mais detalles o día 7 de xuño na Mostra Galega de Apicultura en Arzúa sobre que produtos haberá dispoñibles e como facer os pedidos e a recollida.  


Voltar